Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/09/2011
Foi esta xuntanza un reencontro entre militantes que queren acadar un nacionalismo sin exclusóns que fuxa da copia de modelos ideolóxicos excluíntes, endogamicos e fracasados. Foi, polo tanto, una xuntanza entre persoas que perciben o futuro desta terra con preocupación pero con fe no futuro. Por tal motivo foxen sempre da desesperanza e da radicalidade, en moitos caso estéril e inútil.
Debatéronse varias propostas entre as que cabería destacar o papel do PNG-PG dentro do actual BNG e sondeáronse posibles vías e alternativas para un futuro inmediato. Ratificouse o apoio ás candidaturas do Bloque para as vindeiras eleccións, e deixouse a porta aberta para, despois da Asemblea Nacional, camiñar na percura dun galeguismo e dun nacionalismo aberto que conecte coa realidade social dunha terra que quere mellorar e deixar de laiarse; que quere camiñar cara o futuro sen medo fuxindo de retóricas antidiluvianas que soamente nos levan cara o sectarismo e a marxinalidade política.
A verdade é que a visión do acontecido neste cónclave, choca frontalmente coa forma de ver o nacionalismo de vellos líderes, que lanzan proclamas a modo de parábolas cheas de ameazas e insultos. Peroratas que anuncian depuracións e que non fan máis que asustar á xente. Homilías que propoñen un nacionalismo excluínte onde o odio e o fracaso soamente levan ao vitimismo, a impotencia e a automarxinación. En fin, peroratas que carecen de futuro. E que nada teñen que ver co nacionalismo positivo que no seu día defenderon Castelao e o vello Partido Galeguista.
O congreso do PNG-PG celebrouse cun recordo para Xosé Enrique Rdguez Peña, e significou a posta en escena dunha forma de ver a política diferente dende Galiza; significou debater os problemas dunha maneira distendida, responsable. Dunha maneira seria que fuxe de dogmatismos ideolóxicos que se anteponen a realidade e as necesidades políticas desta nosa terra. E que, no fondo, agochan un certo despotismo retórico sin ilustración e sen visión a medio e longo prazo.
O nacionalismo en Galiza somentes terá futuro cando a cidadanía saiba que sirve para solucionar os problemas cotiáns. Soamente será fértil cando faga propostas positivas, axude a crear un tecido industrial, un tecido económico que poña en valor as nosas materias naturais, a nosa forma de vida. Somentes será útil cando, ademais de defender logros sociais, non vexa ao mundo empresarial como un elemento a bater, se non como un aliado necesario co que hai que acordar e pactar. Todo iso, sen menoscabo da defenda da lingua e a cultura dunha forma natural e non dogmática. En fin, o nacionalismo galego ten que reivindicar, entre outras cousas, o carácter emprendedor das nosas xentes, conxugando isto con ser ser moi forte e solidario no eido social.
Pero, para acadar ises obxectivos, ten que reformularse sabedor das súas carencias e facer una autocrítica seria polos moitos anos perdidos con estratexias erradas. E logo, marcar liñas de actuación cribles e de futuro. Por iso é necesaria una fonda revisión dos obxectivos e da oferta electoral para superar o escaso apoio electoral. En fin, o congreso do PNG-PG lanzou una oferta: mirar cara o futuro sen complexos e con esperanza. Neste senso esta visión de Galiza empezará a dar os seus froitos na liña antes referida pois, son moitos os cidadáns galegos que demandan un enfoque moi diferente na política nacionalista.