Quen manda non roga. E as ordes son as ordes. E feijoo, tiña que estar sustentando o argumatario de mentiras, medias verdades e improperios que o seu xefe lle lanzou o presidente do goberno ó que lle chamou traidor, ocupa e outras baixezas. Mais no canto de desmarcarse desza foto que xa fala de reconquista, estivo nela o que o sitúa no radicalismo ultra.
O certo é que Galicia xa lle queda pequena o noso presidente, e xa non lle dá emoción nin lle ilusiona no seu camiñar pola vida política. E por ambición mira máis cara a capital do reino que para a terra de Breogán. Con todo, o peor diste asunto, é que ignorar as reivindicacións da casa que gobernas amosa algo semellante ó desleixo o aburrimento daquelas parellas que fenecen dese mal. E o clarificador é que Feijoo xa pertence a esa coalicción que de facto funciona e pretende gobernar o Estado. Ou sexa: que no fondo comulga coas ideas desa España que berra e toma a Bandeira como propia. E que a aqueles que non compatimos tales berros e modos de ver e facer política no Estado non somos españois. Peor, somo inimigos de España.
A chegada á primeira liña dos tres mosqueteiros Casado, Rivera e Abascal amosa que rematou o tempo dos grandes consensos para os problemas do Estado; amosa que volve o tempo do pensamento único e a visión desa España centralizada que quere desnaturalizar o sentido das cousas e das políticas. E como exemplo pon Andalucia, onde a política de igualdade e recuperación da memoria histórica levaráa un grupo que está na súa contra. Menudo, o zorro gardando as galiñas. E o noso predidente, que amosaba un talante de persoa moderada, xúntase cos que falán de voltar a un pasado nostálxico e isultán de maneira descarnada chamándolle ocupa a quen foi elexido polo Parlamento.
Unha persoa maior, hai uns días dicíame un tanto preocupada: estes rapaces soamente pensan en chegar ó poder a costa do que sexa.
E ate pode que, esta premonición, teña moita razón. Pois Rivera naceu como progresista e mira cós que anda. E casado non parecía o que é resulta ser: a voz de Aznar.
En fin, segundo os voceiros populares a manifa en defensa da sanidade pública en Compostela é unha manifestación política. E o presidente tiña que estar na defensa da soberanía traizoada e vendida polos que nos gobernan e Madrid, menudas trolas como argumentario nos contan. Esperemos acontecementos, pero si falar en política é unha traizón a España, entón como alternativa quedanos andar a paus. E iso é aterrador.