A desfeita do rural

Aínda que os problemas estean ben á vista, ó non estaren na mesa onde se decide a política, é como se non existiran.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 09/03/2019

Comparte esta noticia
Esta é a realidade das cousas, e ben a ser o que acontece dende hai moitos anos cos problemas do sector primario que é o mesmo  falar do mundo rural.
 
Con todo, tivo que ser a decisión dun xulgado, parando a caza nunha comunidade autonóma do Estado, a que puxo en pé de guerra a milleiros de persoas que viven e manteñen, a duras penas, viva unha forma de vida e todo o que con ela vai.
 
As cidades, que sempre foron o centro onde naceron iniciativas políticas, culturias e de todo tipo, queren impor a súa visión da natureza e, maiormente ven a vida rural dende un punto de vista de visitantes ocasionais. Polo tanto, de persoas románticas que disfrutan puntualmente da natureza, e  non de xentes  que o teñen  como un medio  permanente de vida, onde é necesario manter un equilibrio entre  a explotación do medio e o seu mantemento para o futuro das xerneracións vindeiras.
 
As cidades, a industrialización e os servizos foron dende hai moitos anos o centro que atraeu a milleiros de persoas buscando unha vida mellor. E por  iso fuxiron do medio rural. Sabémolo ben en Galicia, onde os pobos e aldeas quedan, no mellor dos casos, para a visita do fin de semana e pouco máis. Miles de aldeas comidas polo mato e as silveiras, onde xa non vive ninguén.
 
E diante un panorama de migranción interna, ¿Que fan os gobernos pra, dalgunha maneira, mitigar iste éxodo permanente? Moi pouco, ou mellor: nada de nada.
 
Camiñar pola nosa provincia e ver as terras maiormente comidas polo mato e un retrato desalentador. Visitar lugares de suma beleza e velos completamente mortos, sen vida nin alternativas e sen servizos,  debera ser motivo dunha grande reflexión.  Polo que, a pregunta está servida: poderan vivir as novas xeneracións sen ter un sector primario vivo e activo? Poderan estas nosas terras ser dalgunha maneira rentabilizadas pra que nelas se fixe poboación? De momento non hai resosta.
 
Agora que se achega a primavera xa empezan os incendios a dar a monserga como se fose unha tradición maledicente sobor de nós. Agora voltará o estío,  e así levamos máis 40 anos apagando lumes.  E nese periodo de tempo tan longo que se fixo pra modificar dende o poder político a estructura e planificación  da propiedade, para abrila a novas formas de rentabilidade económica. Ren. Houbo intentos no bipartito, mais os populares opuxéronse radicalmente. Seica era algo semellante a  unha expropiación das terras.
 
O presidente Feijoo dixo que esta lexislatura iba a ser a do rural en Galicia. Mais o paso do tempo demostra que nada que mereza mención se fixo para o sector primario. Os problemas do rural non están na axenda política. Non teñen presa. E como dixen o principio:  problema que non está na mesa das decisións non existe. Polo que vaticino que, o mato e as silveiras seguiran aumentando, incluso nos arredores da cidade, e así iremos esmorecendo ate que alguén sexa capaz de pórlle remedio á  desfeita do rural galego.
 

vivenda no rural
vivenda no rural | Fonte: Xunta.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com