Xogando cos sentementos

Apelar ós sentimentos sempre deu un bo resultado no campo electoral. Os humanos actuamos moitas veces por impulsos, feito que, en certa medida, comtraponse co que se entende por pensar e tomar decisións con racionalidade. Ou sexa: valorando e sopesando pros e contras diante unha determinación importante como a de votar.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/04/2019

Comparte esta noticia
Se miramos cara o pasado, lembraremos que, cando o PP gañou as primeiras  eleccións nas que se  desaloxou do poder da Xunta o bipartito, decatámonos que, daquelas, a campaña basouse en axitar os sentimentos dos electores.  Cales foron os elementos determinantes que lle deron o deputado da maioría o PP. Pois, xunto a unha campaña continuada de desprestíxio que  algún medio escrito fixo,  as cadeiras que se mercaron para o despacho de Touriño, o coche do presidente, a foto de Quintana no iate dun empresario galego e o baile do vicepresidente cos maiores. Houbo  algún feito  racional que discutira propostas politicas ou económicas? Non.  
O certo é  que, os asuntos  elexidos, asuntos  que  logo se engrandeceron na propaganda electoral e nos  actos políticos,  foron  determinantes para acadar o obxectivo da victoria dos populares: teu un deputado máis. Pois o suposto gasto abusivo e o despilfarro  nuns asuntos concretos, fixeronlle moito dano a quen daquela gobernaba.  Cal foi a estratexía que se seguiu? apelar ós sentimentos dun sector pequeno dos electores que actúan por impulsos máis que  por racionalidade.

Pois ben, dez anos despois,  e con medios técnicos moito mellores cós que daquela  había, o perigo nos proceso electoral volve de novo. Xogar cos sentimentos da xente e  lanzar bulos nas redes sociais é a estratexía. Quedando moi relegado o debate racional das propostas políticas e económicas.  Desta manenira aparecen temas que chegan o corazón dos cidadáns, pois  escoitamos: España rómpese;  é unha traizón ós mortos; maus manchadas de sangue; traidor a España; que os emigrantes nos invaden, mil persoas case foron asesinadas por ETA, tantas como ós eiquí presentes; ou conmigo ou contra min,  e un longo etc.  Mensaxes que se din coa intención de chegar  o sentimento das persoas e axitar os  máis fondos anhelos ou pór en cuestión temas básicos como a seguridade das persoas na vida ordinaria.

En fin, esta é a compaña que  hoxe temos. Estás son a ristras de frases meditadas que se lanzán para un consumo rápido que fuxe da racionalidade, pero que axitan a un sector social pouco dado ao pensamento meditado e reflexivo.

Xogar cos sentimentos, marxinando ou agochando as propostas intersadas dos grupos de poder,  sempre foi unha habilidade dos grupos conservadores. Grupos  que agora repiten con moita insistencia a modo de mantra ises eslogans. Pois  saben que lles poden dar o éxito.
Con todo,  nestas campañas onde se xoga exclusivamente cos sentimentos dos electores,   banalízanse,  desprestíxinase e radicalizanse  os procesos e, en consecuencia, devalúase a democracia.

Miguel Ángel Blanco, edil do PP asasinado por ETA
Miguel Ángel Blanco, edil do PP asasinado por ETA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com