Cando Manuel María e un poema sobre os Mártires de Carral é considerado perigoso independentismo
O PP de Lugo pídelle ao Concello que borre un mural que consider independentista e ten "símbolos contrarios á Constitución". O que está pintado é un poema do gran Manuel María sobre o levantamento liberal do coronel Solís que rematou co seu fusilamento e doutros militares en Carral.