Falaron os galegos

O domingo pasado falaron as urnas cunha participación histórica. E agora chegou o momento de quitar conclusións para interpretar a súa mensaxe.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 30/04/2019

Comparte esta noticia
A primeira é que a gran maioría social non quere falar de neofranquismo nin de mirar a un pasado xa superado. Neste senso as mensaxes, trolas  e insultos que  fixeron os  líderes populares,  de cidadáns  e da extrema dereita durante a campaña  foron determinantes para que, moitos cidadáns, lles retiraran o apoio a estas forzas e buscaran acougo naquelas nas que sabían que o voto ía ter representación, alomenos nesta provincia. Con todo, a extrema dereita xa está presente na vida política e hai que ter ollo.  Por iso, moitos galegos non  querían maxinar un  gobernando no Estado semellante  ó  tripartito  que existe en Andalucía. 
A segunda é que a grande maioría dos votantes  entende que falar con todos os partidos non é pactar nin rachar a unidade territorial do Estado. E menos facer unha traizón nin vender España. España é diversa e a maneira de artellala pasa polo dialogo é o consenso, e non por aplicar sen máis o artigo 155 e criminalizar ós discrepantes.
 
A terceira  é que que, nun tempo de crise, non se pode cargar todo o peso na parte social;   se  non que hai que repartir os custos para facer máis levadeiros os sacrificios que impón a  recesión.
 
Ises serían os eixos sobre os que se  cimentou a campaña que lle deu a victoria ós socialistas.
Xa referíndome á non presenza do nacionalismo galego no Congreso, dita ausencia soamente se lle pode achacar a falla de unidade das forzas galegas. E pra iso o nacionalismo galego debe superar os personalismos e chegar a unha idade adulta que lle dea prespectiva e visión de futuro. Pois mentres os lideres non teñan a capacidade de artellar unha candidatura unitaria para o congreso na  que se inclúan uns mínimos de acción, non se superará o tempo do resistencialismo no que viven anclados dende a transición.
 
Unha dirixente falaba na noite electoral de que melloramos en votos. E faciao como se fora unha gran victoria, cando non hai un so representante galego en Madrid. É verdade  o BNG doblou os votos pero iso non permitiu chegar ó obxectivo perseguido. Falar para uns miles de votantes non é a solución. Como tampouco o é dicir que fomos xenerosos e cedimos os votos ós partidos do Estado. Buscar acordos de unidade de acción, para facer unha política posibilista  que mellore a vida dos galegos é a clave. E mentres o nacionalismo siga preso do dito: eu teño unha leiriña máis grande ca túa; ou  siga cheo de personalismos estúpidos,  non acadará un resultado que sexa determinante e bo para a sociedade galega.
 
Por último, a vitoria do progresismo en Galicia pode abrir a porta á consolidación dun poder municipal que sente as bases para gobernar a Xunta.  E en ourense para  desbancar ó baltarismo da Deputación.   En fin, os cidadáns falaron e dixeron claro é alto que, o de voltar a España en branco e nego non vais ser posibel.  Polo tanto, tendo ás portas as municipais, esperemos acontecementos. E a ver se muda algo neste Ourense que esmorece día a día.
 

Ana Belén Pontón na pegada de carteis das eleccións xerais
Ana Belén Pontón na pegada de carteis das eleccións xerais | Fonte: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com