Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/01/2012
Os vellos problemas siguen esperando solucións e aínda que empezou o ciclo dos populares, todo sigue igual que hai vinte días. Algo novo si temos, pois empezamos a ver e palpar os silencios da campaña electoral do pasado 20-N. E todo aquelo que non se dixo, pero que moitos intuíamos, vai aparecendo e vai sendo realidade. Primeirofoi a conxelación do salario base. Era moi grande e por iso tivo que ser frenado en seco. Logo o anuncio da suba o IRPF, que ven a ser o que mensualmente se deduce na nómina. Claro que o Sr. Arenas di que os populares non fan recortes sociais. Soamente fan reformas que son equitativamente xustas.Bla, bla, bla.
Dixen que os problemas están esperando solucións e o calendario ao que estamos todos sometidos, pois non sabemos vivir sen el, anuncia xuntanzas, protestas e datas nas que se farán reunión importantes. Desta maneira no nacionalismo galego e os seus militantes toman posicións dianteunha asamblea aberta na que nada está claro. O nacionalismo opta, básicamente, neste gran concilio, entre dúas posturas políticas e mesmo ideolóxicas. A primeira e a que fala de refundación da opción política: Refundación que ten dou seixos fundamentais: a idelóxica e a organizativa. E a segunda postura poderíase cualificar como a resistencialista. Aguantar renunciando a ser un partido político aberto á sociedade galega real. Seguir mantendo a estrutura frontista. E, pensamos moitos: fronte a quén? Fronte a a gran maioría social que vota reiteradamente o que vota. Non espero grandes éxitos da postura que opta polo resistencialismo.Aguantar pode ser vencer sempre que o aguante teña discurso e propostas serias que prendan na xente e aspiren a unha maioría social. Do contrario resistir e morrer paseniñamente, como acontece agora. En fin, xa veremos o que da de si o cónclave. Xa veremos se hai consenso, ou enfrontamento e as consecuencias que desto se derivan.
No PSOE tamén acontece algo semellante, dúas persoas optan á secretaría xeral e xa se verá cal é a que sae gañadora.Pero de seguro que os socialistas resolverán intelixentemente o seu congreso. Teñen experiencia de partido e demostraranno. E mentres os populares porán sobre a mesa reformas políticas e sociais difíciles de asumir pero que tragaremos, pois a aplastante maioria do PP non dará opción.Haberá protestas, pero non quedará outra que apretar o cinto.
En fin, ano novo ven a ser algo que, se non fora pola división metereolóxica e estacional, nada significaría,pois nada cambia dun día para o outro. Ano novo é vellos problemas. E que pasa nesta nosa provincia onde case nada importante acontece. Pois pasa que hai protestas pola colocación dunha incineradora no Irixo. Acontece que xa pasou o tema do AVE e o do soterramento da estación. Agora, como xa asumimos a chegada dos recortes sociais, e de que somos unha provincia envellecidana que uns 55.000 ourensás viven dunha pensión, tamén asumimos que o do AVE vai para longo. Agora, soamente falta que,dende o poder institucional,local e autonómico, ese poder que tivo sempre a nosa provincia sumida no conformismo e no esquecemento, se predique, ao igual que nas igrexas, a paciencia e a resignación ante o futuro deste Ourense e desa Galicia interior que morrevpaseniñamente.
Triste ano nos espera. Triste. Posiblemente pasará como o ano dos recortes sociais e de sofrir a faciana máis amarga desta crise sistémica, que ten a súa cara máis visible no paro e na emigración de moitos mozos e mozas galegas sofren buscando acomodo outra vez na Europa central.