A xustiza na picota

Hai procesos xudiciais tan mediáticos e á vez tan inesperados polos cidadáns que, ao marxe do que digan as sentencias que deles se derivan, a xustiza nuca sae ben parada dos mesmos. Polo tanto en nada axudan a difundir, entre os administrados, a idea de que a xustiza que nos temos é xusta , ecuánime e imparcial.

Por Manuel H. Iglesias | | 31/01/2012

Comparte esta noticia
Os procesos que se abriron contra o Sr. Garzón, ao marxe do resultado que  teñan, serán moi difíciles de xustificar, pois  moitos pensaremos que  nacen dunha  buscada revancha por cuestións de notoriedade e de envidias profesionais. Difícil será explicar a acusación de prevaricación a un xuíz por facer escoitas  a presuntos delincuentes comunicadas a outro  xuíz, e que en último caso, con eliminalas, todo estaba subsanado. Casos destes houbo e non se levou a ninguen ao banco dos acusados. Lembremos o caso Nécora. Nel as escoitas sen permiso foron aliminadas e punto. Tamén será moi difícil  xustificar ás razóns polas que a xustiza encausa a o xuíz que destapou a trama  Gurtel, cando  aínda non fixou data para xuzgar ao presuntos corruptos da mencionada trama. E inevitablemente, xurde a pregunta: ¿A quen se xuzga primeiro ao xuíz ou aos delincuentes? Pero buscando causas ¿parece normal  sentar a iste mediatico xuíz no banco dos acusados cando o fiscal Estado  non ve delito para imputalo? Estas cuestións coñecidas por miles de cidadáns resúmense na seguinte frase. En España parece que machácase máis aos que buscan xustiza que os delincuentes de  cuello branco. Si ou non.
 
No caso dos desaparecidos do franquismo, máis que un asunto de competencia sobre o  tema en cuestión,  parece que nos atopamos diante a legalidade de si, os crimes contra humanidade poden quedar prescritos cunha lei de Memoria Histórica, ou non. Pensemos que noutros países como Arxentina onde o gobernó lexítimo proclamou unha lei de punto final, máis tal lei non impediu abrir procesos pola desaparición de persoas durante a dictadura. Cabe pois a dúbida de, si neste país, eso tamén é posible,  cando os familiares piden contas polos desaparecidos durante o tempo que durou o réxime franquista. A nosa transición política favoreceu exclusivamente aos vencedores, e minusvalorou a os familiares de todos queles que sufriron nas súas carnes a represión ate 1975. Cabe pois, abrir un dabate xurídico sobre esa cuestión. Pero non parece oportuno que, pola denuncia dun sindicato de extrema dereita, se sente non banco dos acusados a un xuíz para apartalo da carreira xudicial. E menos pedindo 20 anos de inhabilitación por prevaricación. 
 
Baltasar Garzón é un xuíz mediático, e si se quere un persoeiro atrevido e certamente ambicioso; pero pretender apartalo con métodos impropios, é tanto como facerlle caso a aquiles persoeiros, agora no poder, que dicían o que hoxe defenden os abogados que acusan ao Xuíz. Ou a caso non lembramos as amenazas dos populares, por exemplo a vicepresidenta, dicindo que este Sr. soio os perseguía a eles( referíndose ao partido) e que era un inquisidor. Todo Cheira a vendetta entre o corporativismo xudicial e parte do político. E quen sae perdendo ao marxe dos fallos polos procesos, é o Estado e a xustiza española que rezume un tufo de corporativismo rancio; que ten un poso franquista e que pon ao noso sistema xudicial na picota. E, como saben os lectores, a Picota era un lugar de axusticiamento. Conclusión: a xustiza está con estes procesos sendo xulgada. Garzón xa ten unha reputación internacional. El axudou a que o termo de xustiza universal se fora afianzando nos países do planeta e que as leis de gobernos e de  ditaduras non poidan fuxir da lei universal que básicamente defende os dereitos humanos da xente máis alá de fronteiras políticas. É posible que o xuíz mencionado salga condenado. Pero que sairá mal parada será a   xustiza, o corporativismo e o  actual sitema xudicial. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com