Sobre o transporte metropolitano en Ourense

Frecuentemente, no día a día da política, cando dúas administración gobernadas por forzas contrarias teñen que chegar a acordos para resolver os problema dos cidadáns, acontece que, para gañar a batalla da imaxe, sempre hai que culpar ó outro da non solución do problema. E para lograr o obxectivo sempre se dá unha visión sesgada do tema fuxindo de datos e detalles importantes.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/03/2012

Comparte esta noticia

Hai uns días o conselleiro Sr. Hernández dixo que, se o concello de Ourense non chega a un acordo sobre a Área Metropolitana de Transportes por cuestión ideolóxicas,  el vaina poñer en marcha sen mais. E como tal bravata non se ten de pe, eu quixera aportar unha serie de datos que deben ser coñecidos para entender o que é a Área Metropolitana de Transposrtes (AMT) e o que persigue. Logo o lector quitará conclusións e entenderá quen é o malo da película.

A AMT de Ourense abrangue os concellos que lindan xeográficamente co da capital. En total forman esta área oito. Segundo o documento, o estudio pretende darlle solución aos problemas de mobilidade de 136.000 cidadáns. Pero  básicamente está concebida para solucionar os problemas de comunicación coa cidade  dos concellos. Pois de todos é sabido que, salvando o Concello de Barbadás con 9000 habitantes  e un 10% do total da área, e o de Toén con 3800 e o 2,80 % que teñen liñas regulares de  autobuses interurbanos, que funcionan como urbanos, os demais concellos carecen dun transporte público que os comunique regularmente coa cidade, polo que, cando falamos dunha área de 136.000 habitantes incomunicadas estamos dicindo unha verdade a medias, dado que o concello  de Ourense ten un servizo público de viaxeiros que abrangue todo o térmo municial e unha poboación de 108.000 habitantes que representan  o  79% do total  da área.

Por este motivo, sendo Ourense o único  concello  que ten un servizo de trasnporte, que move máis de 7,5 millóns de viaxeiros ao ano e un volumen económico de máis de 5.5 millóns de euros brutos; que funciona moi ben; que ten o prezo máis barato de Galicia, que ten un sistema de tarxetas de contacto e de paneis electrónicos informativos que funciona correctamente;  que ten cantidade de bonificacións e gratuidades e no que tamén hai un índice de viaxeiros anual que cumplir, parece acaído que, o concello da capital, esixa, no documento motivo de disputa,  un apartado cun anexo  para que  poña sobre a mesa unha serie de cautelas legais e cuestións económicas que poden afectarle ao servizo e ó Concello. Pois, ademáis da concesión dos autobuses, tamén é o responsable da organización e do control do tráfico na urbe.

Dende logo, a posta en marcha do Metropolitano,  require superar a arrogancia dunha Xunta que se nega a negociar un convenio, como  o  fixo no seu día  en Santiago e  que ten moita miga interna a cual sería imposible resumir nun artigo de opinión. Pero, postos a lanzar bravatas e titulares de prensa, creo que a Dirección Xeral de Transportes, se ten vontade de solucionar os problemas de comunicación dos concellos limítrofes co de Ourense, e que hoxe teñen liñas de transporte interurbano que case non funcionan por carecer de viaxeiros e non seren rentables, tería que empezar por resolver os problemas de comunicación co polígono de Barreiros, San cibrao das Viñas e Pereiro. Polígonos ubicados en concellos onde hai unha continuidade urbanística, e que, no caso de Barbadás, teñen liña scunha autorización provisional, que deben ser  obxecto de revisión cando entre en funcionamento a AMT. Cuestión da que non se quere nin mentar nin abordar.

Poñer no mesmo nivel de esixencia e compromiso aos concellos limítrofes co de Ourense é un erro, ao igual que  é outro poñer os intercambiadores como motivo da disputa. A Xunta pode rehabilitar o transporte interurbano xa; pero o problema reside en que ese transporte a día de hoxe, salvando os casos que reseñei, é  insostible pois carece de viaxeiros para manterse e tampouco hai cartos para subvencionalo.

En fin, si realmente existe vontade de potenciar O transporte metropolitano e  comunicar mellor os concellos limítrofes coa cidade, cuestión importante é necesaria, hai que deixarse de notas de prensa, non impoñer un convenio  e falar claramente coconcello de Ourense, se non a AMT nunca será unha realidade. Cousa distinta e seguir facendo publicidade e distraendo a opinión pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com