Artigos de Manuel H. Iglesias

A xustiza na picota

Hai procesos xudiciais tan mediáticos e á vez tan inesperados polos cidadáns que, ao marxe do que digan as sentencias que deles se derivan, a xustiza nuca sae ben parada dos mesmos. Polo tanto en nada axudan a difundir, entre os administrados, a idea de que a xustiza que nos temos é xusta , ecuánime e imparcial.

Ano novo e vellos problemas

Pasaron as datas do Nadal e xa estamos no ano 12 do século XXI. O anticiclón permite que teñamosuns días fríos pero luminosos co que a sensación que se percibe é de que empezou un tempo novo. Si, un tempo que poucas cousas positivas promete.

As contas claras

O máis normal sería esperar a que pasaran os 100 primeiros días do goberno de Rajoy, antes de facer a primeira crítica pola maneira de gobernarnos.

Chorando polo tirano

As imaxes dos coreanos do norte chorando pola perda do seu líder, ademais de parecerme surrealistas e propias dun país exótico e certamente estraño, tráenme á memoria as escenas de Arias Navarro o presidente de goberno que anunciou a norte do ditador Franco no ano 1975.

Sentidiño

A vida nunha gran comunidade como a día de hoxe é unha cidade, ten moitas vantaxes, citarei soamente dúas: a primeira a universalización dos servizos e abaratamento dos custes económicos que deles se derivan e, a segunda, os beneficios da socialización e convivencia. Vivir en comunidade social implica aceptar normas e uns mínimos básicos de relación social. Implica aceptar decisións dos gobernos boas e outras que non tan boas, pero que son moitas veces inevitables.

A partitura europea

Ánxela Merkel e Nicolás Sarkozy xúntanse para definir e proporlle, ou case imporlle, aos demais países da eurozona, a modificación dos tratados europeos da Unión. E segundo parece todo vai camiño de esixir férreas medidas de axuste económico e o cumprimento estrito das medidas de austeridade.

A marea azul

O mellor termómetro para medir a aceptación ou o rexeite dos proxectos políticos sempre foron as eleccións. Os cidadáns exprésanse libremente e son os que deciden co voto aceptando ou rexeitando os programas políticos e as persoas que os representan.

Cara onde vai Europa?

Cando se puxo en marcha o euro parecía que todos íamos a ser moitos máis ricos e máis felices.