Artigos de Emilio Martinez

Voi non sapete

Ao nonaxenario escritor italiano Andrea Camilleri o coñecemos, sobre todo, polas entretidas novelas protagonizadas polo comisario Salvo Montalbano, que xa superan de longo as duas ducias. Pero a súa obra abarca moito máis que esta extensa serie: libros como “A ópera de Vigata”, “A concesión do teléfono”, “Un fío de fume” ou “A morte de Amalia Sacerdote” ofrecen unha análise da sociedade italiana, que sen chegar aos niveis de profundidade da obra doutros autores de inmensa talla intelectual, como son Leonardo Sciascia ou Italo Calvino, paga a pena ler.

Unha desidia imperdoable

Cando rematei a licenciatura en Economía, xa fai mais de 25 anos, tiven a oportunidade impagable de colaborar con Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas, na recompilación de datos para un proxecto financiado pola Xunta de Galicia que dirixía: o Catálogo de Arqueoloxía Industrial de Galicia.

Guerrear en tres frentes

Un dos meus vicios confesables é a afección, que ven de moitos anos atrás, pola literatura militar, tanto de carácter estratéxico como histórico. Estes dias ando con “ 1914-1918. Historia de la Primera Guerra Mundial ”, do profesor da London School of Economic and Political Science, David Stevenson, libro escollido non porque se conmemore o centenario do remate desa guerra, senón porque logo de ter a oportunidade de visitar unha exposición sobre a intervención neocelandesa na batalla de Gallipoli, o ANZAC, entráronme ganas de profundar nun período da historia mundial descoñecido para min e cuxos feitos aterradores foron o preludio doutros, que apenas dúas décadas despois, os superaron con creces.

Reset the world

Na rúa Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela, o portón dun garaxe luce, dende fai tempo, un graffiti: un pequeno círculo vermello rodeado pola frase “RESET THE WORLD”. A primeira vez que o vin gustoume, fíxome sorrir mentres camiñaba cara ao quiosco onde os fins de semana merco o xornal. Pasado un tempo tirei unha foto del , e encarguei facer un par de camisolas. Nos momentos que corren ese graffiti case é unha chamada á reflexión, tal vez mais, tal vez unha proposta a ter en conta.

Renegar de Voltaire

A finais de agosto entregáronse no Parlamento Galego mais de 8.000 sinaturas pedindo un incremento da presenza da materia de filosofía no bacherelato, hoxe, logo da modificación da LOMCE obrigatoria exclusivamente no segundo curso, o que para a miña xeración era o COU.

Seguidismos

O famoso dito: “O pobo que non coñece a súa historia condeado a repetila” atribúese a autores tan distintos como a Confucio, Carlos Marx ou ao filósofo estadounidense, aínda que nacido en Madrid, George Santayana. Independentemente de quen a pronunciara ou escribira primeiro, que nin da nin quita aos nosos efectos, a frase debería ser, estes días, recordada polos dirixentes de En Marea, tal vez para que actúe como figa e a axude a non facer propios os erros que outros cometeron no pasado.

Se alimentamos o odio gañan eles

Cando estudaba Económicas en Santiago, mediados dos 80, tiña un amigo, militante naquela altura do MCG, o Movemento Comunista de Galicia, que era un lector impenitente da Revista de Defensa, una publicación especializada en tecnoloxía militar, forzas armadas, etc, así como un erudito en todo o relacionado coa II Guerra Mundial. Acabei tamén enganchado a aquel vicio, un tanto friki para un coma min que foi logo obxector de conciencia, rodeado ademais de amigos que foron insubmisos.

Segue o diñeiro

Nun apartamento de Washington unha persoa oculta nas sombras e no fume do seu cigarro aconséllalle a Robert Redford “Segue o diñeiro, segue o diñeiro…”.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.