O erro de Rajoy e das elites políticas e mediáticas madrileñas é crer que o potente movemento soberanista catalán é dirixido dende a Generalitat, CDC ou ERC. E non é certo.Trátase dun movemento que nace da base e vai moito máis aló do nacionalismo ou do catalanismo histórico, para acadar transversalmente toda a sociedade civil de Catalunya,con nomeada forza entre castelánfalantes e cataláns de segunda xeración e, en xeral, entre os sectores sociais que até hai anos votaban PSC ou non partillaban nas autonómicas. Velaí a extrema dificultade de que Artur Mas poida frear ou adiar indefinidamente o proceso de expresión da decisión catalá, porque éste pode levar por diante partidos e políticos e de feito vaino facer.