A mentira repetida, é unha mentira

O novo acto da traxicomedia neoliberalista, ven de acontecer. A “petición amistosa de apoio financiero” co Estado Español solicitou as institucions financieras europeas, vulgarmente chamado “rescate bancario”, debuxa un esceario de medos, ameazas… e oportunidades.

Por Héctor Tejón | A Coruña | 14/06/2012

Comparte esta noticia
O manexo do discurso da clase gobernante, volta ser un exemplo de prestidixitación retórica. Nun exercicio de neo-despotismo ilustrado, a clase dirixente maquilla coa polisemia da linguaxe unha realidade que non se pode ocultar. Xa non se trata de porque agora e non antes, nin sequera o montante, cando as cifras xa fai tempo que sobrepasaron a relación cantidade-valor (100 euros, xa non valen 100 euros). 
 
Trátase da clara evasión de responsabilidade da clase política, e en menores dosis, a capacidade de negación da realidade por parte da poboación, acostumada a pensar coma lle din que ten que pensar para que todo siga coma ten que seguir, porque o xeito que ten de seguir é bo para todos. Lóxicamente, a irresponsabilidade política acompáñase dunha tolerancia implícita daqueles que delegan a vontade soberana nos seus representantes. Se o 30% do sistema financiero do Estado, entre eles o xoguetiño de Feijoo e demais dirixentes ¿galegos? que comercializou capitalismo coma o feirante que vendía tónicos de xuventude eterna o povo analfabeto ansioso de esperanza, necesita preto de 100.000 millons de euros, non é por culpa do bipartito, nin por culpa de ZP. Non.
 
En 1997, as condicións macroeconómicas do Estado comenzaron a cuadrar nos balances do sistema global. A miragre do crecementó foi posibilitado vía débeda e crédito ilimitado. Ate aquí ben. O problema da débeda radicou en que o Estado, parece ser, ofertou máis benestar do que a sua riqueza podía manter, Por iso, resulta, que a débeda pública é un 60% do PIB e a privada un 300%. Como ese Estado que ten un tipo impositivo dos mais baixos da Europa ten un nivel productivo de baixo valor engadido baseado na compra-venda de bens de primera necesidade coma a vivenda e a alimentación, as rendas das familias que solicitan crédito son as que son e necesitan as condicións de financiamento que necesitan (comodas mensualidades durante ¿150 anos?). Asi comezou todo. Na Galiza, as entidades que emerxen dos aforros de milleiros de galegos convírtense en activos no xogo caótico da Bolsa e o “mercado de valores”. Sirven para facer negocio e seguir aumentado infinitamente o valor dunha riqueza finita. ¿Por qué ninguen preguntaba? Porque non había nada polo que preguntar, porque todo ía ben, ou semellaba que ía ben… Agora sabemos todo isto unha vez que aconteceu, e nese tempo as autoridades financieras sabían o que estaban a facer, os políticos sabían o que estaba a pasar, que posibilitaba a “miragre” e cales eran as feblezas, pero non o dicían ¿Por qué? Porque ninguen preguntaba… porque ninguen, ou moi poucos, tiñan o coñecemento ou lles interesaba. 
 
Por iso a especulación inmobiliaria, a expropiación do noso territorio, o secuestro da nosa liberdade e soberanía so pode ser posíbel a través da aceptación das regras do xogo por parte da cidadanía. E aceptáronse. Non por todos, pero si pola maioría que vehicula o que dan en chamar “vontade soberana” fundamentada nunha minoría social que por ponderacións numéricas redúcese a 40-50 cargos nun  parlamento, que en troques de velar pola equidade e benestar velan pola desigualdade inherente do sistema capitalista e a pobreza controlada na que vive a cidadanía. Non son representantes, se non executores das lóxicas tradicionáis de poder, gobernanza e dominio. Chámense Galiza,España ou Europa. Relacions de poder. 
 
Por iso a mascarada dos últimos meses non sorprende a ninguén. Un presidente da Xunta, de tódolos galegos, ausente, pendente antes da lealdade o seu partido que da necesidade da súa cidadanía. Preocupado de coma favorecer, ou mellor dito, non enfadar a ninguén no tema da fusión de entidades crebadas, chamadas caixagalicia e caixanova “túas caixas amigas” que venderánse polo valor dunha larpeirada. Un presidente da Xunta que entendeu que a cidadanía eran so seus votantes e frivolizou coa privatización do sistema sanitario galego presumindo “fumos os primeiros en aplicalas medidas solicitadas”. O resultado de reducir salarios os traballadores públicos, conxelalo emprego público, privatizala sanidade, derruilo sistema de educación primaria, restrinxilo acceso a sanidade segundo procedencia, ocultar información a poboación sobre o estado das entidades de AFORRO, inhibir de responsabilidades os seus máximos mandatarios e deixar que se repartiran os “beneficios”; plusvalías que os cartos de tódolos galegos produciron, e cuxo beneficio vai para uns poucos, namentres seus titulares a día de hoxe non teñen nada. 
Favorecela fuxida do capital cultural mellor formado da historia do país, favorecer practicas delictivas na regulación laboral a través de mais temporalidade e precariedade para o traballador novel(formado ou non), favorecela inseguridade daqueles que so coñecen o traballo coma forma de vida e viven pendentes dun fío porque as suas necesidades básicas foron o primero prato da gran comilona capitalista dos últimos cuarenta anos. E agora, por se fora pouco, pretenden convencela cidadanía do bo e positivo que é unha intervención e secuestro soberano vía préstamo bancario mastodóntico
O mellor, é que estes cartos foron conseguidos nunhas “condicións ventaxosas en relacion o prezo que fixan os mercados” tan ventaxosas, que non se din. Pero se saben. Despido de funcionarios. Subida do IVA. Recorte do subsidio de desemprego. Reduccion das pensions e aumento da idade de xubilación (os gobernantes chamánlle “tipo de interes dun 3%“). Para ser un apoio amistoso que non afecta a cidadanía, coma será cando afecte de verdade.
 
E no ultimo acto, con premeditacion e alevosía, despois de negar que puidera suceder, acontece un sábado, onde o presidente da nazon española delega a súa responsabilidade no becario de lehman brothers e ministro de economía, namentres marcha a ver un partido de fútbol. Moi español todo elo.
 
Velaquí, en breves trazos, o que aconteceu, acontece e acontecerá. Ante a febleza e a ameaza, a fortaleza e a oportunidade. Galiza ten ante si unha ocasión única, a de erixirse en suxeito soberano real do seu destino, da sua capacidade de decisión, da independencia non so dos mercados se non dos poderes impostos por unha clase política tiránica, do dereito a controlar seus medios de producción, comenzando pola obrigatoriedade dunha soberanía alimentar que canto menos, manteña viva e san a súa poboación. 
 
Para isto, nega-lo capitalismo, a senda do crecemento,o capitalismo verde, e tanta linguaxe funcional-económica, é o primero paso. Nega-la lexitimidade da orde social tanática é o primero paso para un proceso de liberación cidada, colectiva e galega. Os 7.000 millons que vai recibir Novagaliciabanco neste proceso de intervención,custanlle a cada galego 2.785 euros, ¿prefire Galiza iso, a unha renda básica? ¿porqué non se pregunta? Ah, é verdade, porque a constitución franquista que rixe todo o Estado, supura tanta liberdade que establece cando se lle pode consultar o povo. A consulta popular é unha excepcion no entramado institucional deseñado polas elites totalitaristas, non a forma de funcionamiento.
 
Bombardeáran con medo, con recortes… e voltaran a estigmatizar calqueira acto de exercicio da liberdade entonando a “radicalidade” coma arma contra a protesta cabal e inherente o estado das cousas. 
 
Os despertares nunca son placenteiros, e comezaremos ver coma  ter un fogar , acceso a comida, sanidade e educación nada teñen que ver cos “mercados”, xa que os mesmos cartos que se empregan no rescate bancario, servirían fai 30 anos (que foi cando se prestaron sen garantías de devolución, tamen chamado indice de morosidade, que ninguen preguntou nunca por él) para acadar unha sociedade equitativa, libre e igualitaria, porque os cartos que agora se dan como préstamo foi o valor de moitas das rendas do traballo que agora volta en forma de hipoteca mortuoria socializada, e que pretenden que aceptemos, brindemos e miremos para outro lado. Xa non. Xa nos prostituímos e sometimos dabondo, queremos xustiza, querémola xa, e imos conquistala. As ameazas do sistema, transfórmanse en coraxe cidada. E nesta terra sairemos adiante, con ou sen españa, con ou sen estado. Pero coa soberanía e liberdade por bandeira, a nosa, non a dos mercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"