Novamente, resonan os ecos eleitorais no país. Coma sempre, a auto-propaganda co Estado esparce sobre a lexitimación do seu aparello de control e instrucción social invadirá as rúas do noso país. Proclamas, xuros e proxectos mesturaranse en dúas semanas de voráxine electoralista. O rito democrático do segredo manipulado e coaccionado, que é o sufraxio, desplegara o seu telón de enquisas, opinións agoreiras de mercaderes da ciencia social e falsacións dunha realidade que chamaran "comportamento eleitoral" asignando unha racionalidade-utilitaria a unha acción carente de vinculación real entre o gobernante e o gobernado.
Pra entendérmonos e servindo de guía os datos co Instituto Galego de Estatística dispon, dende 1993 ate o 2001 a taxa de abstención do eleitorado galego, ascende dun 35,87 a un 39,83% . No medio, unha das datas históricas pra o nacionalismo galego, coma foi o ano 1997 onde o BNG (liderado por Xose Manuel Beiras, agora comandando Alternativa Galega de Esquerdas) acada 395.435 votos, nuns comicios marcados por unha forte abstención acompañada dun aumento do censo electoral nun 10%(nin antes nin despois deuse tal progresion). A partires desa data o BNG perde 125 mil votantes ate o 2009 (270.712) pola contra o PSG-PSOE pasa de 310.508 votantes no 1997 a 524.488 no 2009 (cunha caída de vinte mil votantes logo do goberno bipartito, caída mais pronunciada no BNG). O que poderíamos chamar o partido dominante do sistema eleitoral galego (tendo en conta ca desaparición de Fraga marca un lixeiro cambio da orientación do voto, enfrontandose o tradicional-conservador co moderno-¿progresista?) presenta unha curiosidade observando os datos desagregados por provincia. No caso da Coruña a subida da abstencion maniféstase coma subida dos votantes do PP cumpríndose o lugar comun da "abstencion de esquerdas", agora ben en Lugo e Ourense nos anos 2005 e 2009 a subida da abstención tradúcese en perda de votos pra o PP, namentres en Pontevedra, no mesmo periodo, a baixada da abstencion tradúcese en aumento de votos pra o PP. Se continuaramos desagregando datos de participación e sufraxios emitidos a candidaturas tendo en conta o tamaño do municipio e a media de idade así coma o tecido productivo imperante na estructura económica poboacional veríamos coma os datos vóltanse máis concretos e menos estereotipados. Coma a percepcion da democracia do eixo atlántico é tan errónea coma perder de vista que ningun partido superou en votantes a abstención. Pero todos entonaron o termo "maioría social" coma garante da súa lexitimidade.
A maioría efectiva da sociedade que representa a abstención non lexitima a maioría nominalizada exercida polos partidos do estado. Un 35% da poboación non movilizada; sexa por convencemento, desidia, enfermidade, desinformación ou calesquera motivos, invisibilízase e subsúmese na acción de goberno do partido-aparello estatal que exerza o poder. A suma total dos votos dos "perdedores" e a abstención, é sempre maior co resultado total dos "gañadores".
A responsabilidade na gobernanza que aflora desta lectura dos datos eleitorais, semella que foi esquencida durante todos os anos da era constitucional. En nome de Galicia ou España cometéronse verdadeiras atrocidades. Establecemento de redes clientelares coma forma de funcionamento inserta na burocracia burguesa. O cacique plutocrático e mesiánico coma custodio do correcto funcionamento das relacions sociais que vertebran o funcionamento de cada municipio, parroquia, comarca ou provincia. Tanto ten o tipo de entidade cando o funcionamento é o mesmo, xa que a soberanía popular foi secuestrada de dous xeitos concretos; un en forma de aparello legal que regula o acceso a liberdade. Non a garante, se non que a controla moralmente e a sanciona penalmente. E polo outro, en forma de aparello executivo distanciado do control soberano do povo e so accesíbel eventualmente mediante unha temporización imposta que exemplifica o poder dos gobernantes e o exercicio da liberdade unhas cantas horas cada catro anos (segundo a competencia a refrendar, normalmente solápanse procesos e sucédense os ritos eleitorais cada 2 anos).
Velaquí a verdadeira creba democrática. Por un lado unha clase gobernante extremadamente empoderada ó servizo dos intereses financieiros a través da xestión do estado. E polo outro, unha clase social fragmentada en "mini-clases productivas" segundo o nivel de renda acadado coas suas respectivas demandas específicas e sectorializadas, a fragmentación da conciencia de clase, a aceptación dun "ser social" a través do concepto "traballo", enaxenado, altamente infravalorado e precarizado, que resultou táboa de salvación ante o criminal concepto de "desempregado" sen ingresos, nunha sociedade onde o status capitalista mídese dende o "tanto tes, tanto es" (no PIB non se mide a cultura, o arte, a equidade...).
O medo a liberdade atenazou a res civitas moderna e urbanizada que nun ritmo de vida sintético fundamentado na distancia do vivencial e cimentado na cercanía do material, delegou inconscientemente súa vontade na representatividade allea de monicreques parlantes ó servizo de intereses oligárquicos no social, e monopolísticos no económico.
E agora, piden o voto. Os mesmos que sabían todo isto, os mesmos que coñecen os entresixos do sistema e non o queren explicar, non atopan o valor pra dicir a verdade e plantexar un proxecto colectivo que implique a todas e cada unha das contornas sociais deste país. Dende o campesiñado asulagado por unha explotación financieira baseada na producción e desperdizo a gran escala de bens alimentarios ate a innovación industrial non financiada de tecnoloxía sustentábel co medio ambente e integrada no benestar social.
Non atopan o valor, porque non o teñen. Perdéronno socializando o capital coma medio de igualdade. Impuxeron un estilo de vida antisocial fundamentado na competencia, no logro meritocrático e na ostentación monetaria. Entenderon a equidade coma palabreria de mitin e non coma política social. Comprenderon a igualdade coma unha hipotética posibilidade de acceso constante a bens ilimitados.
Os números son iso, codificacions de cantidades que cando falan é porque alguen quere que falen dun xeito definido pra un determinado obxetivo. Nas eleccions non se disecciona, resúmese e conclúese. Co desemprego, igual. Non se di cas pensions das persoas que agora teñen 55 anos ou maís son impagábeis xa que o cotizado en empregos temporais, obra e servizo, EREs varios... non cubren a cuantía necesaria pra o sistema de pensions. Disto non se fala. Que os máis de 15 mil millons que xa leva NCG terían servido pra unha Renda Basica pra tódolas galegas e galegos, tampouco se di.
Outra cousa diferente, é sabelo e mirar pra outro lado ou directamente non dicilo, tanto quen goberna coma quen se postula coma "alter". O cambio de sistema comeza na renuncia do mesmo, a reforma deste é seguir convertindo a liberdade en pequenas concesions e a existenza nun crédito financieiro. Hai alternativa?, Por suposto, pero nin vai ser placenteira (coma todo cambio social) nin moito menos afastada de todos e cada un de nós. A política é o medio que o povo artellou pra controlalos abusos do estado, é a xestión do ben común, a conservación do medio natural, o desenrolo coma medida do benestar social non da satisfacion egocéntrico-material.
Ó final, os comicios eleitorais son o show co poder despliega pra súa lexitimación. A criminalización da abstención sen plantexarse coma ésta, a pesares da teórica evolución social, nunca baixou dun 35%. A entronización de forzas políticas interesadas na pervivencia do status adscrito coma garante de liberdade clasista e opresión cidadá. A revolución, a liberación da caverna platónica, virá da man do povo coordinado cunha forza política que conquiste as institucions pra seu derrocamento, non pra súa reformulación, ésto xa o intentaron, chamouse socialdemocracia e levounos onde estamos, xa que a soberanía popular é un arma demasiado poderosa coma pra devoltala ó suxeito colectivo. Velaí a gran verdade, non se confía no povo soberano, fálase no seu nome e deféndense uns intereses de clase plutocrática co referente das "galegas e galegos" coma lexitimadores da atrocidade capitalista.
De nada serve votar por moda social, cando no día a día non se participa, non se interven o espazo de referencia, non se constrúe comunidade. Se así fora, a política non sería unha conversa de café, se non o xeito cas comunidades terían de organizarse e autoxestionarse.
Todo o demais, o teatro do capital. @htejon