De mentiras, amos e escravos

Unha das moitas características que axuda a explicar porque o capitalismo foi capaz de vertebrarse coma un ente económico totalitario no seu funcionamento, estriba na colonización que a lóxica instrumentaal-funcional impuxo nas relacions sociais, e por extensión, no modelo laboral e económico que destas foi emanando. Por dicilo sinxelamente, non é imaxinábel un rexímene social xerárquico coma o actual e os precedeiros que fundamentan sua pervivencia na privatización dós medios de producción xunto cun desigual reparto da riqueza, sen a presencia de formas de socialización, institucions, axentes sociais, sistemas de producción de bens e servicios que faciliten a comprensión do funcionamento social e a áceptación de que éste "é o que ten que ser" (unha especie de inherencia espiritual á sociedade, altamente involucionista) "porque así sempre foi e é desexábel que asi siga sendo porque dito funcionamento asúmese coma o mellor dos posíbeis"

Por Héctor Tejón | A Coruña | 07/08/2012

Comparte esta noticia

Dun xeito resumido este artellamento  das sociedades modernas industrializadas serve coma guía pra comprender certos acontecementos que estiveron sempre presentes e altamente banalizados.  Así, un claro exemplo da lóxica de reproducción do que poderíamos chamar "xerme capitalista", foi asumilo tempo coma continuum presente sen un futuro claro. Ë dicir, o presente coma único referente sen asumila implicación que supón unha decisión que determinará o futuro das vindeiras xeneracions, mais aló dunha suposta urxencia do momento, explica en certa parte que a forza sindical obreira asúmira coma "conquista" a sinatura de convenios laborais que foron o "menos malo" para a xeneración que os esixiu, pero a lápida dás vindeiras. A visión corto placista, do inmediato, dun presente automático e mecanizado convírtese na certeza dun futuro pechado e carente de perspectiva 

 
Os oprimidos reproducímolas  lóxicas discursivas dos opresores coma se foran propias. O que podemos nomear coma a "mistificación da historia",  so reproduce o logro interesado dos vencedores, namentres a tradicion oral lembra os horrores dos vencidos coma aviso e estigma da súa propia condición. Na actualidade, esta lóxica desplégase sibilinamente sobre a valoración do "logro constitucional"deudor de seu tempo, do tempo do medo e da fuxida canda adiante dun estado de terror imposto por elites catolicas, burguesas e militares. Unha Carta Magna que so pode afondar nunha reforma se os dous partidos maioritarios(maioría de 3/5 en cada unha das camaras do congreso. art.167)deciden enceitalo cambio dun documento que os beneficia e permite un equilibrio bipartidista alonxado totalmente da evolución social, que xa fai moito tempo, que superou os umbrais de liberdade que a constitucion recoñece. A reforma desta, enseguida cínguese á lóxica funcional de "iso non interesa a cidadanía..." empregando o concepto "cidadanía" coma unha totalidade clara e verificábel cando so se trata dunha proposición discursiva pra lexitimar un xuízo de valor. Do mesmo xeito que o cremento económico do Estado, conculcou o artigo 47 de dita constitucion , que fala do dereito a vivenda e a protección deste dereito de políticas especulativas, tamén a concepción do estado coma uni-nacional e non coma republica plurinacional exemplifican o espiritu titorizante e paternalista da mesma..
Velaí a dialéctica dun conflicto complexo que unha minoría social que comanda as institucions coma maioría nominalizada, banaliza e reduce baixo un falso prisma de "utilidade", cando non é máis que involucionismo e inmovilismo das estructuras de poder historicamente prefixadas. 
 
 
O ataque á autonomia feminina coas recentes declaracións do  ministro de xustiza sobre o aborto e a introduccion de preceptos morais coma formas lexislativas, exemplifica o intento de dominio e control das formas de reproducción dos afectos e dos modos de relación entre a muller e seu corpo, única deudora da súa propia autonomía. Ansia polo control da liberdade prao libre desenrolo da riqueza censitaria e a pobreza colectiva, ó ostentalo propio Estado tódalas formas de coherción, sanción e punición ante calqueira conducta determinada coma "disidente"(falando politicamente), óu "anormal", so pode producirse no momento que a sociedade deixa de percibir ditas actuacions coma agresión e ameaza a liberdade  se non coma xestion da responsabilidade política. 
 
 
Outro dos puntos cardinais do desenrolo e integración dese "xerme capitalista" radica na comercialización extrema das relacions coa natureza e as formas de producción adscritas a ésta. O control do mercado alimentar por transnacionais, apoiase no constante encarecemento dos modos de producción do sector primario, dando lugar a un desequilibrio económico que oscila, no caso da leite, nun 500% de diferencia entre o pagado o productor e o precio final de mercado, producindo o triple efecto negativo de sobreexplotacion do recurso, empobrecemento do productor e encarecemento  dos bens de primeira necesidade convertindo en utopico o que é cosustancial a nosa existencia, o dereito a alimentármonos tamén coñecido coma soberanía alimentar. Este modelo, impleméntase no paso dunha economía de autoabastecemento a unha economía de servicios, que no caso galego, acelérase coa despoboación do tecido rural(xa se comeza a falar da sua repoboacion por necesidade...). E no caso urbano tanto coa eliminacion do espazo productivo  pra construccion de vivenda a día de hoxe baleira, coma por desuso do mesmo o non existir, moitas veces, unha xeneración de reemprazo no caso do pequeno propietario minifundista.
 
Sen dúbida outra das contornas claves pra extensión do modo e forma capitalista, foi o deseño de saberes e formas de comprendelo mundo dende o control do sistema educativo. Instaurouse na xestión do coñecemento e da memoria colectiva unha mecanización do saber nas idades tempranas, un desenrolo curricular que valora a capacidade de reproduccíón do saber orgánico non a súa visión intelectiva e máis humana, se non a "útil", a que se poida condensar, simplificar e cuantitivizar. A cultura do mérito. Dun falso ídolo que esconde a realidade dun sistema que so deixa ascender aqueles que garantan a súa incorruptibilidade, normalmente, linaxes endógamos no eido empresarial. O que poderíamos chamar "clase empresarial" onde o capital-fortuna da familia en cuestión abre unha serie de oportunidades sociolaborais vetadas pra o resto da sociedade. Un dos puntos de apoio do sistema educativo moralizante e fundamentado na "ética do sacrificio" radica na connivencia, unha vez mais, co estamento relixioso vía subvencions a ensinanza privada ou concertada. Escolas e entramados institucionais claramente confesionais contan co beneplácito do Estado que en troques de dinamizala ensinanza publica cunha inversión forte baseada en centros de alto rendemento e calidade, medios educativos universais e gratuitos e a revisión do "funcionariado" cun sistema rotativo de profesorado pra evitalo acomodamento en lóxicas de ensinanza baseadas nunha especie de catón curricular, diversifica unha financiación colectiva pra súa sectorializacion no eido privado, sempre tan magnificado pola propia base cidadá, que apoia aquilo que é seu antagonista e inimigo. 
 
No sistema universitario, exactamente igual. A connivencia existente entre universidade e política é espectacular. Excedencias de profesorado pra súa incursión en aventuras políticas que logo enchen o curriculum nominal de cadaquen e pervirten a ensinanza superior, alonxada de calqueira praxe real que non seña o que so funciona na cabeza do docente. Un exemplo moi cercano, é a única facultade de ciencias sociais do país; unha canteira de políticos do PP e FAES asi coma do PSOE, ambas contornas cunha laboura de aniquilación do galego coma cultura, de realización de estudos sociais que a cidadanía que os sufraga cos seus impostos, agarda que sirvan pra un progreso do territorio e o país mais aló dos sexenios do profesorado de turno, e a formación de parados constantemente criminalizados pola súa propia condición de estudantes formados cuxo saber "non ten uso no mundo empresarial", pero seu traballo a 1 euro a hora, sí que serve. E novamente, o Estado condescendente deixa que este funcionamento perviva e reprodúzase, esquencendo, por exemplo, que unha meirande parte do sistema de catedráticos que empoderan e lexitiman educouse ao abeiro do sistema educativo dos anos 50, que moi libre e imparcial non era(sen perder de vista aqueles casos que sáense desta lóxica e minorízanse ou deslexitímanse). O sistema educativo desenrola e reproduce o saber instrumental necesario pra que todo semelle que está a cambiar, cando segue sendo a mesma inquisición do saber que fai décadas.
 
A formación de elites de saber tecnocráticas e neoliberais explica coma xuízos morais son construídos co paradigma científico coma lexitimador. No caso do país, xurden voces ·científicas" que falan da imposición do galego, cando a única imposicion que houbo e hai nesta terra é a do castela. As mesmas lóxicas que reproducen a "condena do abuso" no eido sanitario onde sinálase o usuario, é dicir, o enfermo/paciente coma culpábel. O ultimo paso da loxica neoliberal "o estado non pode seguir sufragando que o individuo enferme, porque o estado non ten culpa diso" o individuo empresa levado a súa ultima expresión. Médicos de urxencias con guardias infinitas, servicio primario colapsado porque a administracion non lle preocupa, a privatización constante da atención bucal, a xinecolóxica, o retardo de revisións oncolóxicas... e moito mais, que os seus protagonistas poderían explicar, pero atópanse ocupados curándonos do mellor xeito que poden, cos exiguos medios que teñen a súa disposición. E namentres a lóxica que lexitima o secuestro do benestar, pide calma ante o rescate financieiro Silenciando que os 6.000 millons de euros que vai recibir NCG servirían pra apuntalala sanidade, desenrolar plans de soberania alimentar e establecer unha Renda Básica pra tódolos galegos. Pero isto é utópico, o real é a carencia de benestar e aceptar a exclusion social coma forma de vida. Pra isto o aparello de propaganda dos medios de comunicación aunado ás elites do saber do Estado, encárganse de inocular un discurso mecánico e carente de esperanza nas nosas mentes apoiado na ameaza do despliegue activo do monopolio da forza en mans do Estado.
 
Relacions sociais instrumentalizadas no curto prazo, institucions economicas e administrativas alimentando o monstruo capitalista. Axentes sociais educativos reproducindo lóxicas tiránicas na pedagoxia, explican o artellamento dunha sociedade socialdemocrata-liberal podrida dende o seu interior, no pasado, presente e futuro. O cambio so pode realizarse en base ás renuncias de conquistas que non son mais que o alongamento da cadea que nos aprisiona ós nosos amos. É comprensíbel a fenda xeneracional ante este plantexamento, pero non é comprensíbel que dita fenda inhabilite, imposibilite e fagocite á acción cidadá. O primeiro paso é asumir que regúlase o acceso a liberdade, non se defende e protexe a mesma, xa que as propias institucions xurídicas artellaronse en connivencia cos poderes económicos. O segundo paso é asumir que ter a posibilidade de elixir bens e servicios non significa ser máis libre, se non mais dependente das condicions económicas imperantes xa que a garantía da existenza depende da cantidade de cartos ós que determinada persoa teña acceso. O terceiro punto, que o ataque constante e diario dos ultimos tempos foi unha ofensiva contra a baixa clase social que se pensou coma "clase media", ese invento da autocomplacencia capitalista. E por iso, a negación dun concepto de benestar fundamentado no que se "ten" e non do que se "é". Un benestar material so posibilitado pola aceptación e imposición de lóxicas mecánicas e frías a realidades humánas cálidas. Por iso o momento presente esixe novos modos, novos xeitos, novas persoas e a capacidade de asumírmonos coma clase social asoballada. E non coma clase social que pode ter un pouco de luxo comercial nun sistema que prefigurou un desequilibrio xigantesco entre uns que teñen moito e outros que non teñen nada, os mesmos que nos obrigan a calar e negalo orde tiránico económico que foi imposto cos cantos das visas tinteneando nas caixas rexistradoras. 
 
Velaquí o momento de soltalas cadeas que nos termen á caverna capitalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"