Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/10/2020 | Actualizada ás 10:53
Alberto García Bernardez, alumno da EISV (escola de imaxe e son de Vigo) recibiu o 15º premio de fotografia Xurxo Lobato coa foto “Adicción catódica”. Nesta edición se presentaron alumnos de 24 centros de ensino de 17 ciudades e vilas de Galicia, con mais de 290 fotos.
O xurado destacou a "súa singularidade, a boa realización, a capacidade narrativa e de impacto e a actualidade da súa concepción visual". Convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos A Coruña, no acto de entrega participou o concelleiro de educacion do concello da Coruña, Jesus Celemín, o representante de Gadis Antonio Cortes Lobato, Anton Orosa director do IES Monelos e os membros do xurado.
Ademais, resultaron premiados María Soto Fernandez, do IES Universidade Laboral de Ourense, coa foto “Solpor en Grecia” e Pablo Martins Tuche da EISV pola foto “Caminante sobre nubes”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.