Porto do Son e Moaña, primeiros municipios con bandeira verde pola protección do medio ambiente

Tamén entran no rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas dez montes situados nas provincias de Lugo e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia pública este xoves a resolución pola que se conceden a distintivos 'Bandeira verde' aos concellos de Porto do Son e Moaña, que se converten nas primeiras localidades galegas en recibir estes recoñecementos ao esforzo na protección da paisaxe e do medio ambiente concedidos pola Xunta.

Segundo informou a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado, o xurado valorou o traballo realizado por estes municipios en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación.

Deste xeito, indicou que se ten en conta a aposta destes municipios co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de CO2, o fomento dunha correcta xestión do lixo e de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese como xardíns, prazas ou espazos etnográficos, así como a posta en valor demonumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.

Así, este distintivo contará como un mérito máis para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural, que convoque a Consellería; ademais de converterse nun referente e exemplo para outros concellos galegos. A Xunta destacou que Galicia é unha rexión pioneira ao ser a primeira Comunidade autónoma de España en crear un distintivo destas características.

REXISTRO DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia tamén publica este xoves o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os procedementos de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de dez montes situados nas provincias de Lugo e Ourense.

Tres dos montes están situados no concello de Folgoso do Courel, outro tres no de Navia de Suarna e os restantes en Baleira, Samos, Rubiá e Vilariño de Conso.

A superficie combinada do dez expedientes é de case 1.230 hectáreas e todos están cualificados como veciñais en man común. Os interesados en presentar alegacións teñen de prazo dous meses, que computará a partir do venres 13 de novembro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, xunto a outras personalidades, no acto de presentación da Bandeira Verde de Galicia. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, xunto a outras personalidades, no acto de presentación da Bandeira Verde de Galicia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta