Médicos piden "máis apoio institucional" nas comunidades rurais polo impacto da pandemia

A Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia quere destacar o traballo dos médicos en zonas rurais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG) destacou o "traballo sacrificado e pouco recoñecido" dos profesionais que exercen a medicina rural. Durante o acto de entrega da I Beca Española de Méicos Xerais e de Familia (SEMG), o Dr. Lorenzo Armenteros, protavoz da SEMG, manifestou que se trata "dunha atención sanitaria próxima e de calidade".

Lorenzo Armenteros entregando mención a Ana Bello
Lorenzo Armenteros entregando mención a Ana Bello | Fonte: SEMG

Con esta beca, SEMG quere recoñecer a medicina rural e aos seus traballadores, demostrando a capacidade dos seus profesionais de innovación e mellora continua. Segundo Armenteros, a medicina rural "precisa máis que nunca o apoio institucional" tras "esta terrible pandemia que fixo aflorar, aínda máis, as súas debilidades xa antigas na medicina rural e a Atención Primario en xeral". 

Con estas becas recoñeceuse o traballo da doctora Cristina Margusino, médico de Familia e xega do servizo no Centro de Saúde Xinzo de Limia, quen afirma que "o traballo diario nas zonas do interior de Galicia en ocasións resulta moi dura" e que a soidade tamén repercute na tarefa dos profesionais. 

A doctora Ana Bello, médico de Familia do Centro de Saúde de Paradela, tamén mereceu unha mención especial, cuxo traballo destaca a importancia da educación no autocoidado da dor crónica. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta