Novo paquete de axudas a empresas non agrícolas do rural

A Agader destinará 3 millóns de euros para liñas abertas até o 25 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O prazo para solicitar as axudas autonómicas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas continúa aberto e farao ata o próximo 25 de febreiro. Cun orzamento de tres millóns de euros, están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Un total de 2,6 millóns de euros dese orzamento están asignados a este ano, mentres 400.000 euros corresponden ao próximo exercicio de 2023.

O obxectivo desta convocatoria, explica o Goberno autonómico, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é "dobre". Por unha banda, a Xunta reserva 2,3 millóns de euros do orzamento a apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes que desenvolvan actividades empresariais non agrícolas no territorio rural galego con motivo de contribuír á súa mellora, ampliación e modernización.

Mentres, os outros 700.000 euros serán para apoiar a posta en marcha de novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo xa declaradas, "nunha aposta por consolidar e impulsar os instrumentos que contempla a lei de recuperación da terra agraria de Galicia".

Poderán beneficiarse destas axudas as microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade a 1 de setembro do ano 2021, aínda que no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo admitiranse empresas en constitución ou constituídas con posterioridade a esa data.

Tamén poderán optar ás achegas persoas físicas que residan nunha zona rural e que estean suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, desde antes de 1 de setembro de 2021 ou despois, no caso tamén de proxectos en aldeas modelo.

Panorámica da aldea de Naraído.
Panorámica da aldea de Naraído.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta