A Xunta aproba por primeira vez un novo proxecto eólico de Greenalia pola vía da "excepcionalidade"

Servirá para fornecer de enerxía á empresa Showa Denko. Rueda di que a Xunta aposta pola descarbonización na súa nova Axenda Enerxética 2020-2030.

Por Galicia Confidencial | Xunta | 23/06/2022 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Xunta avanza sólida nun modelo enerxético no que potencia os proxectos eólicos, tanto os macro parques como parques máis pequenos, en detrimento doutras fontes enerxéticas coma o carbón. De feito,  O Consello da Xunta acordou esta mañá impulsar a tramitación de dous proxectos eólicos cos que a empresa Showa Denko trata de abaratar a factura eléctrica na súa planta da Coruña. Unhs parques de Greenalia que se aproban, por primeira vez, pola vía "excepcional".

Aeroxerador de Greenalia.. GREENALIA
Aeroxerador de Greenalia.. GREENALIA

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda detallo que esta empresa é a primeira en acollerse á figura de excepcionalidade, recollida na lei para declarar estes parques -Orzar (56MW) e Tornado (67,2MW)- como proxectos "cunha clara incidencia territorial pola súa entidade socioeconómica e cunha función vertebradora e estruturante do territorio, o que permitirá -no caso de aprobarse- a súa execución fóra das áreas do Plan sectorial eólico de Galicia".

De feito, a Lei de áreas empresariais de Galicia especificará que, sempre que cumpran coa normativa e con todas as garantías ambientais, se dará prioridade a aqueles proxectos eólicos que destinen o 50% da enerxía que produzan á industria asentada en Galicia para reducir a súa pegada de carbono.Deste xeito, os parques eólicos que se vinculen ás PPAs (Power Purchase Agreement, acordos de compra de enerxía) poderán beneficiarse desta nova normativa que, segundo a Xunta, "vai favorecer a industria no seu conxunto, como tamén xa está explorando Alcoa para a súa fábrica da Mariña".

Segundo apuntou Rueda, os dous parques eólicos -promovidos por Greenalia cun investimento de 97,8 millóns de euros-, "permitirían aforros de máis de 60M€ nos primeiros oito anos, o que favorecería a competitividade da planta e a súa viabilidade futura, tendo en conta que está estudando, ademais, unha ampliación na súa actual sede na Coruña, na que traballan máis de 170 empregados".

O presidente da Xunta xustificou este novo proxecto eólico porque Showa Denko tamén está estudando a implantación dun centro especializado en ánodos de grafito na Coruña, un material necesario para a fabricación de vehículos eléctricos. A empresa precisa dun investimento de 300M€ para levar adiante este proxecto, que se enmarca dentro da candidatura galega aos fondos europeos Next Generation e, polo tanto, se espera que o Goberno central o inclúa na repartición final.

AXENDA ENERXÉTICA

Por outra banda, o titular do Goberno galego trasladou este xoves a análise por parte do Consello da Xunta da Axenda Enerxética de Galicia 2030, a folla de ruta coa que establece unha serie de obxectivos para acadar a neutralidade climática en 2050. Un plan que tal e como explicou contará cun investimento inicial de 630 millóns no período 2022-2024 para acadar unha mobilización público-privada de máis de 1500 millóns e crear un mínimo de 11.500 empregos ao ano.

“Queremos que cando chegue o 2030 o 85% da xeración eléctrica en Galicia proceda de fontes renovables, que as emisións de gases de efecto invernadoiro se reduzan un 55% e acadar un 40% de mellora de eficiencia enerxética no consumo final”, abundou. Así, suliñou que a Xunta prentende camiñar cara a unha Galicia neutra en carbono no 2050, diminuíndo a dependencia enerxética do exterior, descarbonizando os sectores económicos e sociais, "posicionando Galicia como un polo enerxético innovador e apostando por unha industria eficiente e sostible.

DESCARBONIZACIÓN

Así, insistiu en que un dos obxectivos é a descarbonización dos diferentes sectores, desde as
actividades económicas coa creación do selo Empresa Sostible de Galicia, aos edificios
residenciais
, sector terciario, administracións públicas e sector primario. Entre as medidas que se queren impulsar destaca o apoio a proxectos singulares de descarbonización e renovación industrial para aquelas industrias tractoras que polas peculiaridades das actuacións que se queren desenvolver non encaixan nas convocatorias habituais.

Ao longo da súa intervención tamén explicou que esta Axenda conta con 56 medidas concretas ao redor de sete eixes de actuación. Entre eles, o desenvolvemento de enerxías renovables, principlamente, a eólica,  integración das enerxías limpas, o impulso do almacenamento enerxético ou o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 vicente

mentiras, mentiras y mas mentiras. Galicia YA exporta el 30% de la energia electrica que produce. Acaso no les vale esa energía. Nos quieres convertir en el estercolero de eolicos de Europa y nos lo quieren vender como un avance.