Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 11:00
Hoxe en día a lectura é un hábito que, a pesar de seguir sendo fundamental para o desenvolvemento da lingua, non se pon en práctica tanto como debería. A lectura é unha actividade que require tempo e concentración e que, para seguir transmitindo historias nos novos tempos, adaptouse ás novas tecnoloxías.
Entre estes novos formatos de entretemento, os que máis destacan son os audiolibros e os podcasts que, segundo os datos do último estudo Audible Compass 2022, suman un crecemento do 18% no último ano. O estudo tamén indica que ao redor do 73% dos españois xa consume entretemento con audio e que, entre estes, o 27% escoitou un audiolibro nos últimos 12 meses.
Segundo a redacción de Treintaycinco mm, “hai estudos que evidencian un gran aumento do seu consumo e o seu crecemento, dentro dunha década, prevese que sexa do 250%. Tendo en conta que hai aproximadamente 170.000.000 de obras literarias, e que este número vai en aumento, faise evidente que o seu futuro vai en alza”.
Aínda que o hábito lector require un nivel de atención "total", o audiolibro permítenos afondar na obra literaria coa posibilidade de atender outras tarefas da "cotidianidade", e esa é esa unha das grandes vantaxes deste novo formato do audio dixital é que podemos acceder a el desde calquera dispositivo, en calquera lugar e en calquera momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.