Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 14:04
O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha iniciativa para instar á Xunta a "fomentar e desenvolver novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural" entre os alumnos e profesores de centros educativos galegos e portugueses, en especial aqueles limítrofes co país veciño.
A proposición foi presentada polo Grupo Popular na Comisión de Cultura e defendida polo deputado Carlos Gómez Salgado. Foi aprobada cos votos do PPdeG, coa abstención de PSdeG e BNG.
Con esta iniciativa, os populares quixeron "recoñecer os pasos dados estes anos" pola Xunta na conexión entre Galicia e Portugal a nivel lingüístico e cultural con ferramentas como a Lei Paz Andrade, e apostaron por "intensificar as experiencias" na materia de face ao futuro.
Tanto BNG como PSdeG presentaron emendas ao texto, reclamando que a iniciativa vaia "máis aló" con cuestións como a concrección de financiamento, o incremento de profesorado ou o aumento da oferta para estudar portugués en Galicia e a súa difusión con campañas de promoción. Con todo, os populares rexeitáronas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.