O PSOE denuncia que hai bens de interese cultural en Galicia que non cumpren con abrir gratis catro días ao ano

O grupo socialista no Parlamento galego reclamou, na Comisión de Educación e Cultura, a elaboración dun informe sobre o cumprimento das visitas gratuítas a bens declarados como Ben de Interese Cultural (BIC) á Xunta, que, pola súa banda, destacou a súa apertura, en xeral, ao público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O grupo socialista no Parlamento galego reclamou, na Comisión de Educación e Cultura, a elaboración dun informe sobre o cumprimento das visitas gratuítas a bens declarados como Ben de Interese Cultural (BIC) á Xunta, que, pola súa banda, destacou a súa apertura, en xeral, ao público.

Así o defendeu a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, quen incidiu, ao denunciar a deputada socialista Noa Díaz un incumprimento por parte dalgúns sobre a obrigación de apertura ao público de forma gratuíta catro días ao mes, que existen "diferentes categorías". "A inmensa maioría están no que é propiedade pública, se é certo en que en moitas ocasións os propios propietarios poñénnos en coñecemento a situación na que se atopa o ben que, ás veces, fai incompatible a visita".

"Pero, para iso, existen ferramentas", dixo ao aludir a un proxecto de dixitalización para fotografar" algo máis de 300 bens BIC para obter 12.000 fotografías que serán envorcadas e permitirá coñecer eses determinados bens", engadiu en referencia aos que ten a administración, a Igrexa ou propiedades particulares.

Sobre o pazo de Meirás, insistiu en que entre 2016 e 2020 a Xunta sancionou aos Franco cando eran titulares. "Por suposto que cumprimos coas nosas obrigacións, entre outras cousas en todas aquelas peticións ou denuncias que se fan ábrese proceso de dilixencias informativas que levan consigo un proceso sancionador cando se demostra dolo".

Pola súa banda, a parlamentaria socialista, en alusión aos máis de 700 bens declarados BIC, reclamou á Xunta que "non actúe só cando hai denuncia". Por outra banda, citou como exemplo o caso da catedral de Santiago despois de que a directora xeral sostivese que lle consta que "hai horarios específicos onde é totalmente gratuíto".

"Convídolle a que chame e pregunte cando pode visitar as cubertas da catedral de maneira gratuíta", expuxo a deputada socialista, quen aludiu tamén a un problema de visita en igrexas da Ribeira Sacra. "Hai igrexas que son BIC que non se poden visitar catro días ao mes", recalcou sobre o establecido na lexislación a este respecto.

Acto de entrega do pazo de Meirás ao Estado
Acto de entrega do pazo de Meirás ao Estado | Fonte: M.Dylan. - POOL - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta