A CRTVG producirá 25 novos proxectos dixitais en galego

Hai contidos divulgativos, infantís, de entretemento, humor, educación, ficción ou cultura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A CRTVG producirá 25 novos proxectos no marco da súa convocatoria de selección de produtos dixitais en galego, resolta pola comisión directiva de avaliación de proxectos da Corporación á que se destinan máis de 300.000 euros.

Entre os 25 proxectos, segundo informa, hai contidos divulgativos, infantís, de entretemento, humor, educación, ficción ou cultura sobre distintas áreas e todos eles teñen en común que están creados especificamente "desde e para a contorna dixital".

Os proxectos, que serán emitidos a través de canles dixitais, páxina web e redes sociais dos medios públicos galegos, foron elixidos en dúas categorías.

Será a de pezas longas dun máximo de 50 minutos na que foron seleccionados 12 vídeos que reciben cada un como máximo 20.000 euros e a categoría de vídeos curtos, de ata dez minutos, que recibirán un máximo de 6.000 euros. Entre eles, hai pezas destinadas ao público máis familiar e máis novo, pero tamén outros programas pensados para públicos interesados en cuestións como a música, o cultivo de árbores, a tecnoloxía, o deporte ou a historia de Galicia.

Logo da CRTVG
Logo da CRTVG | Fonte: crtvg.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta