Decenas de zapatos lembran ás vítimas palestinas da guerra en Gaza por toda Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2024 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Decenas de zapatos colocados no chan lembraron ás vítimas palestinas da guerra na Franxa de Gaza en varias localidades galegas. Os actos foron convocados na mañá deste sábado polo colectivo BDS Galiza en demanda dun cesamento do fogo e para reclamar a fin do "xenocidio" do pobo palestino a mans do Estado de Israel.

En Vigo, a rúa Príncipe encheuse de zapatos sobre o chan mollado na húmida mañá que viviu a cidade olívica este sábado. Alí déronse cita decenas de persoas que clamaron consignas como 'Palestina, vencerá' ou 'Estado sionista, estado terrorista'. A acción simbólica en Santiago desenvolveuse na escalinata da Praza de Praterías, mentres que na Coruña tivo lugar na Praza de Lugo. Cangas, Ferrol, Ponteares e Vilarchao foron outros dos lugares onde BDS reuniron a decenas de persoas para reclamar o cesamento do fogo.

Varios pares de zapatos durante unha homenaxe aos falecidos na guerra en Gaza, na Porta do Sol, a 13 de xaneiro de 2024, en Vigo
Varios pares de zapatos durante unha homenaxe aos falecidos na guerra en Gaza, na Porta do Sol, a 13 de xaneiro de 2024, en Vigo | Fonte: Adrián Irago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta