O Sindicato Labrego critica que Goberno e UE só propoñen "parches" que non solucionan problemas da PAC

"Necesitamos un cambio de modelo", afirma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) critica que o Ministerio de Agricultura e a UE só propoñen "parches" que non solucionan problemas da Política Agraria Común (PAC). "Necesitamos un cambio de modelo", afirma. Asegura que as 43 medidas anunciadas polo Ministerio de Agricultura o pasado 1 de abril "son escasas e pouco concretas", xa que "só serven para disuadir mobilizacións do sector".

Así mesmo, o SLG censura que a UE "segue sen admitir" que o enfoque da PAC "non é positivo nin para as persoas produtoras nin para consumidoras".

Bota en falta "respecto" á Lei da Cadea e a todo o relativo á fixación de prezos, compromisos concretos sobre procedementos e prazos para publicar os informes, así como mecanismos para facelos cumprir e pór fin ás prácticas abusivas que lastran a cadea "estrangulando ás produtoras e produtores".

Reclama propostas "reais, definidas, que permitan reforzar o papel da Axencia de Información e Control Almentarios (AICA), á vez que se proporcionen informes periódicos da cadea das distintas producións, sen perder de vista a necesidade de apoiar unha modificación da Directiva Europea de Prácticas Abusivas".

"Seguen faltando tamén nas propostas ministeriais mecanismos que garantan prezos dignos que cubran custos de traballo e remuneren ás persoas produtoras", expón. Unha cuestión na que tanto o Ministerio como a Consellaría do Medio Rural "teñen un papel importante ao ser administracións que teñen a capacidade, e a responsabilidade, de proporcionar informes sobre custos de produción e funcionamento da cadea que poidan ser tomados como base para establecer os prezos que o sector".

Rolda de prensa do Sindicato Labrego
Rolda de prensa do Sindicato Labrego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta