Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2024 | Actualizada ás 10:20
Os prezos dos bens exportados caeron un 0,6% en xullo en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, e os das importacións diminuíron un 5% en termos interanuais, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Atendendo á clasificación por destino económico, produciuse unha baixada anual do 2,49% nos prezos das exportacións de bens de consumo. Os prezos dos bens intermedios descenderon un 0,15% respecto de xullo de 2023 e os dos bens de capital, pola contra, subiron un 6,3%.
Nas importacións, os prezos dos bens de consumo repuntaron un 7,65% e os dos bens intermedios experimentaron unha baixada interanual do 11,55%, mentres os de bens de capital creceron un 7,09%.
Por destino xeográfico, produciuse unha diminución interanual do 4,67% nos prezos dos bens exportados aos países da unión económica e monetaria e un descenso do 1,81% nos das exportacións á Unión Europea.
Os prezos das exportacións ao OCDE caeron en xullo un 1,83% e os dos bens con destino ao resto do mundo, mentres, aumentaron un 8,4%. Por orixe das importacións, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á unión económica e monetaria diminuíron un 4,37% en termos interanuais.
Os prezos das importacións da Unión Europea diminuíron un 4,14% e os prezos dos bens importados procedentes do resto do mundo reducíronse un 5,7%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.