CRTVG e CRTVE unen as súas forzas nunha manifestación pola dignidade dos medios públicos

O vindeiro 8 de setembro en Compostela os comités de empresa da CRTVG e CRTVE- Galicia convocan por primeira vez unha acción de protesta conxunta pola dignidade dos medios públicos de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/08/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Despois de que os traballadores e traballadoras da CRTVE- Galicia e CRTVG puxeran en marcha as mobilizacións que secundan cada venres, os denominados "Venres Negros", os comités dos dous entes públicos unen as súas forzas. É a primeira vez que o fan, e fano "en sinal de protesta pola situación que atravesan". Será o vindeiro 8 de setembro en Compostela. Unha manifestación que sairá ás 10:30 das instalacións da CRTVG en San Marcos, pasará pola sede que CRTVE ten tamén en San Marcos, e rematará na compostelá Praza das Praterías.

Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa
Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa | Fonte: @FedericoPrezRey

Unha vez na emblemática Praza das Praterías, procederase á lectura dun manifesto
común das dúas empresas públicas
que recolle os motivos da manifestación e as
demandas que pretenden facer públicas as e os representantes do persoal da CRTVG e
de CRTVE. A música de Uxía, Guadi Galego e Xabier Díaz acompañará o acto
reivindicativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta