O PSdeG pídelle a Feijóo que antepoña "cambiar" a política sanitaria ás "viaxes a Miami"

Gonzalo Caballero criticou os escasos "réditos" que a axenda internacional do presidente achega a Galicia, en referencia á súa viaxe a América.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou os escasos "réditos" que a axenda internacional do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, achega a Galicia e pediulle que antepoña "cambiar" a súa política sanitaria "ás súas viaxes a Miami".

"É moi importante defender os intereses de Galicia e das empresas galegas pero somos conscientes de que toda a axenda internacional de Feijóo deunos moitos menos réditos dos que expuxo", manifestou o dirixente socialista ao ser preguntado pola viaxe institucional do presidente autonómico a Miami e Nova York.

Respecto diso, nun acto celebrado este xoves en Santiago de Compostela, Gonzalo Caballero asegurou que a súa formación esperará "a ver que trae de volta" desa viaxe emprendida esta semana, "máis aló de proxección internacional".

"Feijóo debería cambiar a súa política sanitaria, iso é máis prioritario que as súas viaxes a Miami", manifestou Caballero, que destacou que o vindeiro domingo as rúas de Santiago de Compostela "estarán cheas de manifestantes" en defensa da sanidade pública.

Secretario xeral de PSDEG, Gonzalo Caballero. PSDEG
Secretario xeral de PSDEG, Gonzalo Caballero. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta