As Xerais, uns comicios que collen descolocados a todos os grandes partidos galegos

PPdeG e PSdeG disputaranse a hexemonía do voto en Galicia, cunha En Marea en retroceso polas súas liortas internas e un BNG moi escorado cara ao independentismo catalán. C's e Vox buscanrán arrincarlles votantes ao PP para tentar dar a sorpresa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2019 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A celebración dos comicios do 28 de abril mudou por completo a táctica política dos partidos galegos nos que o feito dun adianto electoral non se acababa de visualizar coma unha posibilidade real. De feito, o anuncio de Pedro Sánchez paralizou as estratexias electorais que se estaban poñendo en marcha para as municipais.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

O principal temor que existe en todos os partidos é que os resultados do 28A teñan un efecto arrastre nas seguintes citas electorais de maio, principalmente, nas europeas, pero tamén nas municipais, que soen ser sempre unhas eleccións que se miden en clave moi local.  E este temor é compartido tanto polo PSdeG, como polo PPdG, xa que dependendo da distribución de escanos no Congreso e das posibilidades de goberno, os argumentos dun e doutro partido poderán reforzarse ou debilitarse para a cita do 26 de maio.

PPdeG E PSdeG

Socialistas e populares son os que máis teñen que perder nos comicios de abril, e tamén nos de maio. Con todo, esa cita electoral será crucial tamén para os partidos que forman a coalición En Marea, para o BNG e, en menor medida, para Ciudadanos e Vox.

O gran temor do PP é que o voto da esquerda se polarice no PSOE, sobre todo, logo da división existente en En Marea e a campaña plantexada polo propio Sánchez; ou el ou as tres dereitas. E, tamén, que se consolide a fuga de votantes cara Ciudadanos e tamén cara a Vox, o que podería provocar un forte descenso de apoio a este partido e visualizar unha vitoria dos socialistas de cara as cruciais citas de maio.

Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez
Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez | Fonte: EP

No lado contrario, no PSdeG, o problema está en como artellar unhas listas que satisfagan a todas os varóns provinciais e que, de paso, non poñan en evidencia a debilidade de Gonzalo Caballero.  Precisamente, o talón de aquiles deste partido está en poñer coto aos seus numerosos problemas internos e afrontar con unidade unha cita electoral que podería ser histórica para eles.

EN MAREA E BNG

En Marea continuará na escea política, pero sen boa parte dos seus actores; Podemos, IU e Anova, que xa anunciaron que manteñen a súa unidade política sen as directrices do Consello político que domina Luís Villares. Este, a súa vez, anuncia unha candidatura máis virada ao nacionalismo, o que colisiona de cheo co BNG e mesmo lle podería restar votos e impedir o seu gran obxectivo de acadar, de novo, representación no Congreso. 

De feito, está por ver, como se repartirán eses cinco escanos que hai dous anos obtivo En Marea logo da gran división desta formación. Uns escanos aos que aspiran socialistas e nacionalistas e que, agora, terán ata catro papeletas para elexir. No BNG tamén existe temor a que se vincule a súa candidatura coa dos independentistas cataláns, cos que van aliados ás europeas. Unha vinculación que, nas Xerais, podería xogar na súa contra.

Pola súa banda, os comicios de maio tamén poden ser os de Ciudadanos e Vox, para ben e para mal. A formación de centro-dereita tivo un escano en 2015, que perdeu nos comicios do 16 e aspira, novamente, a recuperalo. E a ultradereita agarda sacar bos resultados en Galicia. Con todo, as bazas de Rivera e Abascal pasan por arrincar votantes descontentos do PSOE e do PP. No primeiro caso semella xa moi difícil dada a viraxe cara a dereita da formación laranxa, que é probable que poida quedar sen representación,  novamente en Galicia. Faltaría por ver se os desencantados co PP dan para que a ultradereita poida sacar algún escano pola Coruña ou por Pontevedra.

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próximas eleccións. Óscar del Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próximas eleccións. Óscar del Pozo - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 Sentidiño

Por qué ía ser prexudicial o apoio á maioría catalá? A bolsa de posíbeis votantes do bng inclúe (incluíu algunha vez) nacionalistas españois, anticatalanistas, inimigos do nacionalismo basco? Máis ben ao contrario: o partido galego no que confía o nacionalismo gobernante é para moitos o único fiábel.

2 lóstrego

Non hai grandes partidos galegos, como tampouco hai grandes cidades galegas. Aquí o único grande é a cidade da cultura e non sirve pra ren Deixémonos de grandilocuencias.

1 sermos mantidos

Correcto. Grandes son PP e PsoE, acontece que non son nada galegos (tan galegos como a Coca Cola). Logo os ultras, afortunadamente, aquí non son nada (nin se agardan). Podemos e marcas brancas son españois, sen complexos e menguando. E o BNG, xunto co que resta da Marea autónoma (Villares, Alexandra e Cerna), son curtos de estatura e non van medrar (xa lles pasou a idade).

1 Afogaron de ego

A única escora que hai é cara o nacionalismo español de Anova, Mareas e satélites da esquerda farol que rematou dependente do Psoe (a casta que tanto criticaban no pasado, renuncia total). Tal é a escora que xa lles entra auga pola borda. Que vaian enviando a situación ao Salvamar, non os salva do Naufraxio nin a Virxe do Carme.

1 Edgar

Agardo coeherencia no BNG e que estes días rompa o seu pacto nas deputacións co españolismo do PSOE

2 Afogaron de ego

Home, coerência para quen puxo podre ao Bloque por gobernar co PSOE, rachando ambos de casta para agora fíar toda a súa política a ir de escudeiros de Sánchez. Que o fagan mirar. Ademais foron un auteny desastre para os intereses de Galiza. Magoa, enganaron a todo deus e a lareta que se van dar vai escoitarse nas antípodas

3 nonolvido

Parecera que o de Anxo Quintana, de inmobiliaria San Martin,foi fae cen anos. Pediron perdón?

4 Afogaron de ego

Si oh foron a xuízo e están todos presos. Será a inmobiliaria que lle vendeu o chalé de luxo ao líder de Podemos?. "Vale mais unha só deputada do BNG coas mans libres que 23 subordinadas a Sanchez, Casado ou Iglesias". Ana Pontón