A oportunidade de todos

No noso tempo, ese que vai marcado pola imposición dunhas normas verticais que nós non negociamos porque nin sequera as consideramos lexítimas, á desesperanza social existente ante una oleada de ataques constantes e sistémicos contra a autonomía persoal e a liberdade colectiva.

Por Héctor Tejón | A Coruña | 21/02/2012

Comparte esta noticia
Aúnase un vacío de intermediación  entre a necesidade-carencia e a xestión da abundancia para o establecemento do benestar, que as tradicionais organizacions políticas foron perdendo nunha mestura de complacencia có sistema  e unha desvirtuada inercia histórica.
 
A sociedade deseñou un mecanismo de intervención, e xa non representativo coma se nós fai creer se non executor da vontade popular, na gobernanza do que podemos chamar “ben común” ou “res civitas”. Esa esixencia social, a esa demanda real, obedece un partido político coma un dos canalizadores das enerxías e forzas que emanan  da cidadanía, a que no presente amosa cotas de comprensión e práctica da liberdade endexamais experimentadas, e curiosamente, non refrendadas nin realizadas polos seus referentes políticos.
 
Organizacións de base que artellan mecanismos de acción e actuación en lugares nos que a política non pode estar presente, observan coma ese referente non comprende que non ocupar o mesmo lugar ó mesmo tempo non significa unha fronteira inquebrantable, se non unha ponte que hai que atravesar.  Do mesmo xeito, cidadanía que ostenta unha maioría de idade política responsábel e esixente (en diferentes formas e niveis), que son as compañeiras inseparábeis da liberdade, xa non acepta a falta de coherencia entre o falazmente prometido, o cobardemente executado e o vilmente esquencido. Esta pequena síntese é a que nos serve de partida para entender baixo que circunstancias, características e condicionantes foise desenrolando o feito histórico que ven de acontecer no nacionalismo galego (na súa concepción tradicional) nos últimos tempos.
 
A canalización dun forte sentimento de esquerdas, enraizado na práctica do territorio galego, baseado no exercicio da soberanía popular e o dereito a decidir sobre o noso destino, medios de producción e desenrolo social, foi un regueiro de conquistas para o nacionalismo galego baixo as siglas BNG.
 Ese partido estandarte da implantación da democracia en Galicia, da loita contra o ilexítimo dun referéndum constitucional que igualou  en privilexios un territorio estatal con evidentes disparidades e diferencias nunha especie de pax romana non negociada libremente. Foi o mesmo que festexou e canalizou a primeira manifestación de conciencia de clase no, xa famoso, mitín de Riazor de 1982, e que non soubo adaptarse a evolución social que esa conquista xenerou. Nesa falta de recoñecemento, porque non dicilo, de complicidade coa sociedade, foise xestando a lenta e progresiva desafección canda a forza de esquerdas máis representativa do país. Quizais, porque para súa cidadanía esa concepción do termo “esquerda” atópase escorada a dereita nas súas manifestacións políticas e formas de gobernanza. Ou porque simplemente xa non é lexítimo coma medio político para realización, novamente, da soberanía popular.
 
A escisión que ven de plantexar Encontro Irmandiño ten tantos enfoques e lecturas, coma bases do analise tomemos.  Por un lado, a puramente de partido. Coma corrente interna dun gran partido que amosa súa disconformidade coa dirección e deriva que a fronte estaba a levar ( problema no cal tamén existen tensións de poder interno, sería ridículo negalo). 
 
Polo outro, coma instrumento consultivo a través dun proceso iniciado xa fai máis de 5 anos coa chamada “Rolda de Rebeldía” que pouco a pouco estase a converter nun elemento distintivo do novo partido; a disposición dun lugar de conexión e interlocución coas bases políticas, sociais e cidadás do país, os irmandiños apalparon o sentir social, as voces silenciadas dos movementos sociais, as dos cidadás cohibidos ante a doctrina de partido que esixía pureza e proselitismo ideolóxico para simplemente escoitar, a da militancia desencantada e necesitada de respostas coherentes, colectivas, e sen dúbida, éticas. Un longo etcétera de persoas anónimas e referentes históricos, de pasados vivos e presentes que non queren esvaecer, foi enchendo de lexitimidade as proclamas dunha pequena corrente molesta  que transformouse en  realidade conquistada ó final.
 
A mesma Galicia non ten porque enfrontar ós que, dende diferentes perspectivas, fixeron o que creron máis adecuado (máis aló dos seus hipotéticos intereses persoais, ou así debería de ser.) para gobernar un país. Encontro Irmandiño, xurde ante a necesidade imperiosa dun novo referente, dun novo xeito de facer política, de relación coas necesidades que afloran en cada recuncho do país, de acadar aquel lugar que as oligarquías chamaron “utopía” para deslexitimalo coma posibilidade real e que agora sabemos que era a forma coherente de terse desenrolado o devir material, instrumental e colectivo do territorio galego (e case que das sociedades industrializadas).
 
Esa mesma necesidade, foi moldeando  novas formas de relación, diálogo e discurso que son as que producen non unha ruptura traumática, se non unha  diverxencia afectiva nunha longa relación de intereses comúns. Por iso non existe confrontación, nin sequera resquemor na partida. Porque ante todo, está a cidadanía. A que lexitimará ou non todo o que está acontecer, pero a mesma que non se pode ver afectada (no caso de moitos concellos) por un cambio na forma administrativa, porque esa non é a intención de ningún dos “convidados” o novo espectro político que comeza a emerxer logo de 30 anos de tripartidismo. Por iso, a lectura do acontecido o día 12 de febreiro do 2012, é optimista, porque unha sociedade plural é unha sociedade sana e máis adulta. 
 
Unha sociedade que conta con varios puntos de presión ante a opresión do poder económico e o secuestro da liberdade, é unha sociedade mais forte.
Nos últimos procesos electorais, quedou evidenciado o distanciamento e perda constante de apoios ca fronte nacionalista obtivo, ate chegar a unha oligofrenia rosaliana coma foi a lectura dos resultados das ultimas eleccións no estado español “seguimos mantendo representación” é certo. Pero a cidadanía galega, está cansa dese espíritu rosaliano de conformismo, dese relato imposto a unhas xeneracions que saben moldealo seu tan ben ou mellor cos seus antecesores. Convenios colectivos que desamortizaron o naval coa complacencia de sindicatos, indefensión das clases máis novas perante o exterminio do capital cultural do país (semella que se non dis galiza,non es galego…), o tema das caixas levado nun nivel de preescolar insinuando cas divisas teñen patria e bandeira, e poderíamos seguir enumerando unha infinita lista de percepcions cidadás que o BNG non soubo nin canalizar nin dar resposta. Outras moitas, evidentemente, sí. Escasas e non relevantes para seus votantes que marcharon canda IU (cómicamente chamada esquerda españolista-comunista) PSOE, partidos minoritarios secundados por fortes movementos sociais,ou simplemente desencanto en forma de abstención. 
Se ó análise organizativo, e ao electoral, sumámoslle a realidade social que os votantes apalpan e os militantes sinten, o diagnóstico é evidente, non por elo traumático. O desexo dunha nova forza diferente e capacitada para ser instrumento hexemónico e dirixente  da sociedade galega vilipendiada e maltratada por un gobernó tecnocrático que so busca a imposible cuadratura do círculo, aflora coma meta entre as forzas sumerxidas e silenciadas por
unas formas organizativas arcaicas e non representativas da nova realidade galega, que transxeneracionalmente foise conformando.
 
O  presente esixe traballo, entrega e determinación na posta en marcha dun novo referente cercano a tódalas sensibilidades do país, dende o arredismo ate o nacionalismo, dende os movementos sociais ate a cidadanía anónima e reivindicativa. Un referente que non necesita un discurso claro, porque éste non é o outro ca destrucción do discurso económico, instrumental e (i)racional instaurado. A ruptura das barreiras post-organizacionais na comunicación e intermediación de intereses colectivos. A nova reformulación e xuntanza das forzas que semellaban entumecidas por esquecemento, pero que estaban vivas agardando ser visibilizadas. Nesas voces, neses tempos pasados que transmiten sabiduría e coñecemento, neses tempos presentes reprimidos, excluídos e escravizados. Para todos eles, dende  xa mesmo, hai un interlocutor a súa disposición. O futuro inmediato, que dende xa, todos xuntos témola posibilidade de traballar é a meirande oportunidade que se lle presenta a Galicia dende a transición. 
 
Naquel tempo o traballo feito na clandestinidade en forma de partido político, foi a visibilidade da necesidade manifesta que existía durante o franquismo e posterior ruptura  pactada da realización dun cocepto de liberdade que foi moldeado dende o cautiverio. Somos as xeneracións nadas ó abeiro da democracia  as que temos a obriga e deber de acadala realización dese relato de liberación colectiva dos poderes ideolóxicos,económicos e fácticos que nalgún momento pensamos, eran cosustanciais a democracia.
 
Xurdiran atrancos, dificultades, retos apaixonantes. E so na colaboración e apoio na diversidade social e política, seremos capaces de debuxar un novo paso na historia e realidade galegas, que agora tócanos escribir a nós; os fillos dos que pelexaron contra  os grises, os nenos que se fixeron maiores falando de democracia e represión, de sentimento e trascendencia, de realización humana perante o control da máquina. 
 
É a sociedade a que lexitima unhas siglas, non as siglas as que caracterizan a sociedade. É un tempo onde as vontades individuais asumen co interese é colectivo dende cada diferente visión da realidade. Non se trata daquilo que nos diferencia, se non do que nos une. E ante nós, en plena ruptura de acordos e pactos sociais, ábrese a posibilidade de comandar xa non so un novo  proxecto, se non a realización dos relatos soterrados durante 20 anos. 
 
Xa non sobra ninguén, se non que todos somos imprescindíbeis, porque a pureza, a esencia e a fe, pertencen a formas de dominio, tutorización e control que xa non necesitamos. Porque agora, os novos tempos requiren novas estratexias de coquista daquilo que nos roubaron e sempre foi noso, a propia condición de ser humano en liberdade. E por ela imos pelexar dun ó outro recodo de Galicia/Galiza. @htejon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"