Goberno duns poucos...pobreza duns moitos

Art.47 da Constitución que rixe o Estado Español: “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación”

Por Héctor Tejón | A Coruña | 18/03/2012

Comparte esta noticia
       Resulta chamativo, canto menos, que o que era dereito e deber, convertiuse en privilexio e servidumbre. Vense de festexar, o falsamente chamado debate sobre os orzamentos. No caso deste país que aínda se chama Galicia, o presidente falou de moitas cousas; unha lei do chan (a ver se así pódese voltalo crecemento construíndo enriba do mar, por exemplo.) pero sobretodo chamou a atención o tema da non subida dos impostor as rendas de máis de 100.000 euros, así coma a baixada de impostos a iniciativa “emprendedora” (os mesmos que afundiron, precarizaron e esclavizaron as mellores xeracións da democracia en Galicia). Resulta lóxico pensar e entrever que a corrección da desviación ornamentaría vaise intentar contener mediante a subida do IVA, entre outros.
 
Novamente, lembremos que Galicia é a comunidade co terceiro salario máis baixo do Estado, aínda peor, as mulleres galegas (que para o presente goberno teñen que ser nais e esposas, que ese foi o mandato divino..) son as peores pagadas de toda a Península. Lembren, 19.806,66 euros de media, 21.829 os homes 17.342 as mulleres. Se a isto lle sumamos as taxas de paro existentes, 24% e subindo, a radiografía resultante non é alentadora. Pero hai máis. No 2010 en Galicia o gasto medio mensual do pago dunha hipoteca era de 436,13 euros. A única provincia que se sitúa por enbaixo desta media, é Lugo con 363,25 euros. É dicir, unha hipoteca lévase case un 30% do salario´das rendas que se engloben nesa media estatística. O 61% de fogares que teñen unha hipoteca en Galicia cobran máis de 2.000 euros, para os que o pago desta, supon un 20%. Agora ben, o 39% restante cobra 1500 ou menos, e a mesma hipoteca, xa supon un 30% do salario.
 
En canto o gasto mensual  en aluguer de vivenda principal, a media sitúase en 298,9 euros sendo Pontevedra a provincia máis cara con 323,18. Coma sabemos, as chamadas verdades dos números producen que dúas persoas sentadas nunha mesa para comerse un polo, e so coma unha delas, de media, comeron a metade cada unha.Co aluguer, exactamente igual. Infravivendas e valores mínimos segundo localización, desvían dita media. Pero continuemos. 
Como o acceso a un ben, recoñecido de primera necesidade, atópase privatizado por pequenos propietarios (ese que faite un favorciño alugándote en “negro”…), sistema financiero e constructoras que foron a pique tralo movemento especulativo destes cuarenta anos (debeu ser, que alguén pasoulle desapercibido o mandato constitucional, e mira que é raro…) atopámonos con que as rendas de menos de 600 euros e ate 1500 representan o 41,5% de fogares que destinan o gasto mensual o pagamento do aluguer. Alguen que cobre o salario minimo interprofesional, o aluguer suporalle un 46% (tomando coma referencia a media desvirtuada). Os fogares que cobran mais de 600 e ate 1500, destinan un 28% o pago do aluguer. So mencionar cas rendas de 2000 ou mais euros supoñen un 14,22% dos fogares que destinan salario o pago do aluguer.
 
Se a isto, someramente citado, sumámoslle que dende o 2001 ate o 2011 a cesta da compra encareceuse un 48%, é dicir que no 2001, de media, enchela cesta da compra custaba 4.600 euros anuais. No 2011, 6.800 euros, un 48% mais cara. Se desagregamos ese valor, dinos que mensualmente enchela cesta da compra custa 566 euros, se sumámoslle o gasto dunha hipoteca ímonos a 1002,13 euros, que serían 864,9 euros no caso dun aluguer. E a isto non lle sumamos gastos de recibos (luz,auga, internet), escolarización de cativos, máis gasto dun automóvil, etc. Enton, se a media mensual do que cobra un galego (e sempre ceñíndonos os datos oficiais) é 1.650´55 euros (e sabemos que tal retribución é unha panacea, e aínda sendo baixa, asumiuse socialmente que era un “bo salario“ sen ter en conta o nivel de vida que séguese a disparar), hai cousas que non cadran.
A economía sumerxida asúmese coma algo propio a cultura cidadá. Chámanlle “picaresca española” alguns, e outros chamámoslle pobreza galega. A invisibilización desta  realidade, é de vergoña. Alá polos anos 70, pensouse dende a esquerda, que o capitalismo podía socializar beneficios, conseguir que a clase media (clase endebedada) fora a referencia da realización dos estratos máis baixos da sociedade, non se trataba de non mercantilizala condición da existencia, se non de acadar “accesos igualitarios” dentro do sistema de mercado, a isto, chamouselle socialdemocracia. Sindicatos, partidos políticos e certos movementos sociais europeístas asumiron a finalidade que marcaba o capitalismo coma desexable para a condición de humanidade. Peor aínda, autoconvencéronse de que era o camiño para un programa social realizábel e desexábel.
Esa  burguesía tradicional fixo do seu modo de vida clasista un desexo para súa cidadanía, para os servos da gleba (para que enganarnos) e produciron a choiva de crédito para o acceso a bens privativos ate fai ben pouco; xente que miraba por unha xanela avións, poido viaxar neles. Aquel pisiño para o que habería que aforrar toda a vida, accedeuse de inmediato en cómodas mensualidades a 100 anos. Os fillos podían ir a universidade, porque as familias podían mantelo gasto que iso ocasionaba vía crédito da túa “caixa amiga”. Esta oligarquía de esquerdas que vencellou sua posición de dominio a relacións clientelares ou sanguíneo familiares dentro das organizacións políticas, converteuse no medio polo que o capitalismo penetrou en todos e cada un dos puntos cardinais da sociedade. Aquelas proclamas de vivenda libre, soberanía alimentaria, renda básica ficaron no “radicalismo intelectual” de grupúsculos sinalados coma utópicos, cando no fondo, eran a única esquerda real. A realización material da dignidade personal é o meirande fracaso da humanidade dentro dos procesos de industrialización. Deixouse de esixir acceso libre a vivenda, para pedir facilidades de acceso libre ó crédito, non so iso, aceptouse que ter unha casa era un privilexio, porque todo o mundo desexaba a propiedade privada coma elemento de distinción. Aceptouse co dereito a existencia fora mercantilizado. Que vivir, que vir o mundo, so fora posible tendo cartos. Que a igualdade e a liberdade  non eran as condicións da existencia, se non lugares que acadar.
 
O problema da emancipación cidadá das regras impostas xeneracionalmenre a través dun “sentido común” que desprendeuse das clases dirixentes, é meirande do que se poida creer. Os pais non queren asumir que seus fillos non son felices nin queren o modelo delegado, porque é cosustancialmente inxusto e necrófilo. Que esa finalidade de trascendencia capitalista que eiquí chamaron “socialismo”, non é desexada nin moitisimo menos solicitada. Que un 15% de mozos emancipados estea xa na exclusión social, di moito. Que certas xeneracións festexen coma éxito que o banco acepte a vivenda coma pago da débeda, e non a revisión do valor dos activos bancarios, tamén di moito. Que so vivir supoña case o doble do salario mínimo interprofesional (creo que o dos minijobs a 1 euro a hora, mellor nin falamos) e haxa tantas vivendas pechadas coma familias poderían vivir nelas, resulta dramático. Que a presión fiscal das medidas de austeridade a teñan que soportar os salarios medio-baixos (os mesmos que votaron a maioría absoluta, non nos enganemos. Compre lembrar que o Estado español está a cabeza en fracaso e abandono escolar.) e non se persiga o fraude fiscal, así coma se nacionalice todo o sistema de caixas galego e a lexislación laboral non seña o papel hixiénico do empresariado, se non a defensa e garantía da cidadanía, sona a imposible. 
Esixir que os mínimos da existencia señan cubertos vía renda básica, sona a radicalismo político pras clases dirixentes (da igual esquerda que dereita institucional) cando é a vía de saída a un momento histórico onde non se necesita a toda a man de obra disponíbel para traballar, pero ésta si necesita consumir para vivir. Se a isto lle sumamos que o goberno constrúe con cartos de tódolos galegos colexios e garderías que xestiona a iniciativa privada, máis a privatización dun ben natural coma é a auga, a explotación de recursos enerxéticos por compañías privadas que presentan ERES do ben que xestionan todo, a especulación emerxente no mercado alimentario (compra-venda de terreos cultivábeis coma o novo valor seguro “nos mercados”) e a desaparición de inxentes moreas de cartos en paraísos fiscais así coma a volatilización das inversions das contas de aforro de tantos galegos e galegas (e curiosamente, entre estas persoas non hai doctorados en economía.). Supón un escenario no que xa non chega con denuncialo que está a pasar, se non a acción institucional, cidadá, de movemento que canalice a vontade real, non a sintética imposta por catro latriqueiros nas cortes de San Caetano. 
Xa non se trata de quitarlle a clase dirixente, porque sería recoñecer que “lexítimamente” pertenéncelles,  se non traer de volta o que era noso e nos roubaron; a nosa dignidade, o noso dereito a vida porque as víctimas non son os que gañan menos agora, se non os que nunca tiveron nada e lles fixeron crer que tiñan algo, os que nunca tiveron nin voz nin voto a pesar de ser convocados as urnas, os que asumen resignados o que vai vir porque “mal” é mellor ca “peor”.
O medo a insurxencia percorre os pasillos das institucións políticas, teñen a unha minoría armada que ameaza a unha maioría desarmada se protesta máis do que debe. Por iso os números non minten, se non que din o que lles conven dicir no momento que deben dicilo. Pero, curiosamente, a pulsión social comeza a deslizarse canda un momento histórico onde vai intentar acadar aquelo que lle dixeron que era inacadable agás con diñeiro, o dereito a existencia. A mesma que a día de hoxe, dixéronnos que vale“só” 1500 euros ao mes. A mesma que non ten precio, porque ninguén pode dicir o que vale o dereito a vida, con ou sen reforma laboral, con ou sen europa. A mesma que nos obrigan a sacrificar e xestionar coma se foramos unha empresa. 
Se querer racha-las cadeas da opresión económica é desobediencia civil, entón, todos estamos expatriados da nosa existencia. E compre voltar a ela, porque nunca tivemos que abandonala.@htejon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"