Artigos de X.A. Pérez-Lema

O erro da esquerda española

No sistema da Restauración fusionáronse os republicanos de Castelar cos liberais e demócratas do sexenio revolucionario e deste xeito artellaron un sistema corrupto e caciquil de quenda bipartidista.

Podemos quere liquidar en Marea

Podemos e a súa socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun apéndice galego subordinado. O chocante é que conten para ilo coa ferramenta de Anova.

As ideas non poden ser delicto

Nunha sociedade democrática o Dereito Penal é o derradeiro instrumento, a derradeira ratio. Só as condutas verdadeiramente graves en termos de dano aos bens xurídicos protexidos nunha democracia poden ser sancionados penalmente.

Alcoa e a recentralización económica

A decisión da multinacional Alcoa de pechar a súa factoría d’A Coruña adóptase pola grande sobrecapacidade produtiva na China (auténtico dumping desleal) e pola falla total de investimentos nos últimos anos na factoría coruñesa.

A Monarquía non é neutral

A aprobación polo Parlament catalán dunha declaración a prol da abolición da Monarquía e máis a recente enquisa de Público (que reflectiu maioría a prol da República en Galicia, Asturies, Catalunya, Euskadi, Nafarroa, País Valencià e les Illes) volve pór no foco a cuestión da lexitimidade da Monarquía.

A derradeira leición do mestre

Castelao debuxou “A derradeira lección do mestre” para facer parte do seu álbum “Galicia Mártir”, editado en febreiro de 1937 como denuncia internacional dos crimes da reacción fasciofranquista. No 1945, inspirado no debuxo, pintou o óleo, doado polo rianxeiro ao Centro Ourensán de Bos Aires e propiedade agora do seu sucesor por fusión, o Centro Galicia.

Un ano de reacción unionista

Moitas cousas mudaron no ano desenvolvido dende a consulta cidadá en Catalunya o 1-Ou do 2017. Mais nada se avanzou na resolución do problema político, que non é outro que lle dar unha canle á cidadanía catalá para que elixa o seu futuro.

Abusos do centralismo español

A perspectiva de País é a visión transversal que permite a diagnose e busca de solucións dos principais problemas sociais e económicos galegos .Nós sofrimos un problema común ao resto do Estado de enerxía cara por mor dunha estrutura tarifaria que mira polos intereses das grandes distribuidoras no canto dos propios dos consumidores e empresas usuarias. Mais este problema agrávase substancialmente na Galicia, porque somos un país produtor, que sofre no seu ambiente as resultas da produción eléctrica.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.