Lembran que a Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo regula a obxección de conciencia e inclúe a elaboración de rexistros de obxectores na sanidade pública a cargo das Comunidades autónomas
  comenta   0
Así o denuncia o xinecólogo do Centro de Planificación Familiar de Vigo e presidente da Sociedade Galega de Contracepción (SOGAC), Javier Valdés-Pons, que está a atender, el só, como xinecólogo, a unha poboación de máis de 580.000 persoas.
  comenta   0
Os socialistas apuntan a un "déficit de información" a usuarias do sistema público de saúde e unha "excesiva derivación" de casos a centros privados.
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
A ministra de Sanidade, Mónica García, anunciou que o seu departamento presentará ás CCAA un protocolo, no marco do próximo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, para garantir que as mulleres poidan elixir onde exercer o seu dereito á interrupción voluntaria do embarazo (IVE), asegurando a equidade territorial.
  comenta   0
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, asegurou que lle "encantaría" blindar o dereito ao aborto na Constitución, pero considerou necesario ser "realista" tendo en conta que para iso é necesario un consenso parlamentario "moi amplo" e, na súa opinión, á dereita en España "fáltanlle algúns pasos" para chegar a ter a "altura moral da dereita en Francia".
  comenta   0
Sanidade defende o proceso de contratación de acordo coa lei do ano 2017 e insiste en que "continuará garantindo esta prestación a calquera muller" en Galicia, "cando así o necesite".
  comenta   0
Entre 2019 e 2022 o Sergas xestionou 11.756 interrupcións voluntarias de embarazo, das cales, 7.644 practicáronse en centros públicos e 4.108 en clínicas coas que a Administración públicia ten concertos para a práctica destas intervencións.
  comenta   0
A Valedora do Pobo confirmoulle a Comisións Obreiras de Galicia a admisión a trámite da súa denuncia sobre a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) por parte do Sergas. Así o informou o sindicato nun comunicado, no que a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, tachou de "intolerable" que a Xunta "xustifique a medida nunha suposta falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle cambios nas súas políticas para "garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".
  comenta   0
Noa Díaz (BNG) acusou á Xunta de "falsear de forma irresponsable" os números de interrupcións de embarazos que se practican no Sergas, que son "o único proceso asistencial" que, a través do citado contrato, vai pasar a ser "completamente privatizado".
  comenta   0
A Consellería de Sanidade anunciaba o 23 de agosto a licitación de interrupcións voluntarias de embarazos en clínicas privadas por tres anos, prorrogables a cinco. O prezo, sumados os cinco anos, sería de algo máis de 2 millóns de euros. Oposición e grupos sociais ven unha manobra privatizadora da Xunta, mentres que desde o executivo galego apuntan á falta de persoal e material para afrontar este tipo de intervencións.
  comenta   1
Para a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, é "intolerable" que a Xunta "xustifique" a medida nunha suposta "falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle "cambios nas súas políticas para garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".
  comenta   0
Sinala que a medida de "privatizar" o servizo de interrupción do embarazo "vai en contra" da lei de Saúde Sexual e Reprodutiva
  comenta   0
Segundo CCOO, a decisión da Xunta "é consecuencia" da "negativa" da propia Administración galega a crear o rexistro de profesionais objetores de conciencia previsto na lexislación.
  comenta   0
Formoso cre que Pontón trata de "ocultar" a Rego porque representa ao "BNG de verdade", o que "pedía para Galicia unha república independente".
  comenta   0
O Premio Nacional de Narrativa 2022 presenta a súa nova novela 'As malas mulleres' e reflexiona nunha entrevista sobre a literatura e a muller: "Ata hai 10 anos non interesabamos"
  comenta   0
Galicia rexistrou máis de 10.500 interrupcións de embarazo entre 2020 e 2022, das que o 64,32% foron en centros públicos
  comenta   0
O dereito ao aborto está sendo cuestionado en países occidentais. EE.UU., retirou o carácter federal dese dereito e en Europa países con gobernos ultraconservadores ou de ultradereita buscan a eliminación das leis que o permiten nos seus territorios. Os movementos feministas proclaman o dereito á libre elección da maternidade, algo que no Estado español aínda non ten nin corenta anos. E cal é a visión en Galicia?
  comenta   0
"Hai que lanzar unha mensaxe de unidade respecto de determinados temas de estado como sociedade europea e avanzada", sinala a conselleira de Emprego.
  comenta   0
O presidente da Xunta defendeu ao seu homólogo na comunidade de Castela e León e compañeiro de partido ante as medidas promovidas por Vox para introducir cambios no protocolo sobre o aborto.
  comenta   0