Seguen subindo os contaxios Covid: máis de 1.200 diarios e case 14.000 casos en Galicia

As áreas de Pontevedra e Ourense baixan lixeiramente os seus casos activos, pero só Vigo logra frear os novos contagios

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A sexta onda da pandemia de Covid segue batendo marcas de contaxios diarios en Galicia, onde se alcanzaron os 13.835 casos activos da enfermidade, despois de detectarse 1.221 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria contense, cunha leve subida no número de pacientes en camas convencionais, e con 4 enfermos menos na UCI.

Así se reflicte no balance feito público este xoves polo Sergas (con datos recollidos ata as 18,00 horas do mércores), no que se informa de 13.835 casos activos de Covid (504 máis que hai un día), e 276 persoas hospitalizadas (5 máis), das que 49 están en Unidades de Coidados Intensivos. Así mesmo, detectáronse 1.221 contaxios novos, o que supón 81 casos novos máis que hai 24 horas.

Por áreas, os contaxios novos aumentaron en todas (excepto Vigo) igual que os casos activos, excepto nas áreas de Ourense e Pontevedra, onde o número de enfermos actuais descendeu con respecto ao día anterior.

Así, a área sanitaria de Vigo segue á cabeza, e este xoves notificáronse 354 contaxios novos e 4.478 casos activos (159 máis). No entanto, nas últimas horas confirmáronse menos contaxios que na xornada anterior, na que se diagnosticaron máis de 400 infeccións.

Na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, detectáronse 185 casos novos e hai 2.755 enfermos de Covid (28 menos); na área de Pontevedra-O Salnés, os novos contaxios confirmados son 171 e os casos activos baixaron a 2.105 (11 menos); na área da Coruña-Cee, detectáronse outros 187 contaxios e hai 1.986 casos activos (100 máis); na área de Santiago-A Barbanza, detectáronse 179 novos contaxios e alcanzáronse os 1.123 casos activos (127 máis); na área de Lugo, A Mariña e Monforte, hai 99 contaxiados máis e 866 casos activos (32 máis); mentres que na área de Ferrol, detectáronse 46 novos contaxios e os casos activos son 522 (25 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, o número total de pacientes na UCI de Galicia descendeu en 4, ata situarse en 49 persoas; mentres que hai 227 enfermos de Covid en unidades convencionais de hospitalización, é dicir, 9 máis que hai un día.

Por áreas, Vigo ten o maior número de enfermos graves, con 23 pacientes en unidades de críticos (3 menos) e 75 en 'planta' (6 máis); na área de Pontevedra hai 8 pacientes en UCI (un máis) e 35 en 'planta' (un menos); e na área da Coruña seguen 5 pacientes en UCI (sen cambios) e 26 en camas convencionais (3 máis).

En Ourense, os pacientes graves son 5 (un máis) e mantéñense sen cambios 56 enfermos en 'planta'; na área sanitaria de Santiago hai 3 pacientes en UCI (2 menos) e 17 en 'planta' (3 máis); na área de Lugo hai 3 pacientes en críticos (un menos) e seguen 12 en 'planta'; e na área de Ferrol hai 2 pacientes en UCI (sen cambios) e 6 en camas convencionais (2 menos).

Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés.. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA
Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés.. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

POSITIVIDADE

O índice de positividade das probas PCR, é dicir, o número de probas que dan resultado positivo por cada centenar que se realiza, situouse nas últimas horas no 11,8 %, por encima do limiar do 5 % que a OMS fixa como límite para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A VERDADE

Efectivamente esto vuela y aún aterrizando Omicrón, que segun la organización Mundial de la Salud, las vacunas no son suficientes ante esta variante. Pero en Galicia todo bien, gracias a la Conselleria que nos ha librado del servicio de seguimiento de contactos y casos o CSC (rastreadores), nunca tendremos los casos y contactos reales diarios puesto que son poco más de 300 trabajadores en turnos de mañana y tarde, trabajando en el edificio sin mascarilla , sin distancia de seguridad y ya confirmados 3 teleoperadores con covid 19 que han hecho vida normal dentro y fuera del edificio desde el 1 de diciembre de 2021. Y no esperen que les llamen los festivos de Navidad que trabajaron servicios mínimos el 6 y 8 de diciembre, a razón de 18 trabajadores de turno mañana y 18 en turno de tarde, con más de 1000 casos diarios. Debe ser que para Abai Extel el coronavirus también tiene festivos y descansa.