Rutas do Viño: Valdeorras fai balance e Ribeira Sacra abre as súas portas

448 persoas gozaron a pasada fin de semana das actividades programadas nas XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. Estes días, do 3 ao 5 de xuño, será Ribeira Sacra quen abra as portas das súas adegas ao tempo que dá a coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/06/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Feito o balance das XI Xornadas de Puertas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras demostrouse que esta iniciativa goza de moi boa saúde e que volve con forza tras a pandemia. Un total de 448 persoas poideron gozar do abondoso programa de actividades paralelas á apertura de portas das adegas participantes.

Viñedos da Ribeira Sacra en Doade. Foto: XMF
Viñedos da Ribeira Sacra en Doade. Foto: XMF

“Trátase dunha cifra significativa que evidencia o interese suscitado pola axenda de accións deseñada tanto por nosa propia entidade como polos nosos asociados e as organizacións e empresas colaboradoras”, destacaba Joaquín Sánchez, presidente da Ruta do Viño de Valdeorras.

Unhas 144 persoas, do total devandito de participantes, chegaron de diferentes cidades galegas a Valdeorras nos denominados “buses do viño”, mentres o resto de visitantes desprazáronse por libre. Éxito, pois, de convocatoria e participación nas actividades programadas pola organización das xornadas e os seus asociados, moitas das cales completaron o seu aforo. 

RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA

Agora, esta fin de semana entre o 3 e o 5 de xuño, tócalle abrir as súas portas á D.O. Ribeira Sacra á Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

Moitas son tamén as actividades programadas para estes días, algunhas delas: visitas a diferentes adegas do territorio protexido, rutas entre oliveiras do Camiño de Inverno, sendeirismo á beira do Sil, experiencias gastronómicas e de lecer, rutas do románico e outras visitas culturais, obradoiros infantís...

Entre as experiencias de lecer pódese destacar, por exemplo, unha visita teatralizada ao Castelo de Castro Caldelas ou un paseo en lancha polo río Miño; e no que respecta a museos e patrimonio cultural poderanse visitar os seguintes recursos: Mosteiro das Bernardas --Pantón--, Ecomuseo de Arxeriz --O Saviñao--, Centro Oleiro Rectoral de Gundivós --Sober-- e Museo Etnográfico de Quiroga.

O programa completo e a inscrición para participar está na seguinte páxina web: https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/gl

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta