GC Aberto

A Irmandade Galega na Suiza: Un legado cultural e político

Ao longo da historia, as comunidades de emigrantes galegos desempeñaron un papel crucial na preservación e promoción da cultura galega en todo o mundo. Un exemplo destacado deste labor é "A Irmandade Galega na Suíza", unha organización fundada por un grupo de individuos comprometidos, entre eles, Alicia Castro, viúva de Carlos Díaz, un dos fundadores e creadores do emblema da entidade.

Por admin | Zúrich | 25/10/2023

Comparte esta noticia

Por AlejandraPlaza (Zúrich)

Emigrantes galegos realizando distintas actividades en Suiza
Emigrantes galegos realizando distintas actividades en Suiza | Fonte: Irmandade Galega na Suíza

 

A xénese desta organización remóntase a un período no que a cultura galega víase sometida a diversos enfoques e perspectivas. A directiva da entidade da que formaban parte,entre outros,  o meu marido, Carlos Díaz, Jacinto Prego e Ricardo Sarmiento, atopou diferenzas significativas na forma en que se debía promover e celebrar a cultura galega na diáspora. As desavinzas e as tensións eran palpables cada vez que se organizaba un evento ou actividade, o que levou á decisión de separarse e fundar unha nova sociedade. Tras a súa creación, a nova organización tomou o nome de "A Irmandade Galega na Suíza" e comezou a dar os seus primeiros pasos. Abriuse un período de varios meses destinado a atopar un local, recadar fondos e establecer as bases para unha operación cultural e social sólida. A visión desta institución difería das asociacións galegas convencionais en Europa e América, que a miúdo se centraban en aspectos sentimentais e de nostalxia. En cambio, "A Irmandade Galega na Suíza" buscaba un enfoque máis contemporáneo, que reflectise a realidade de Galicia en 1973, baixo o réxime da ditadura.

 

A organización acolleu a invitados destacados que compartían esta visión máis crítica e contemporánea da cultura galega. Entre os invitados atopáronse figuras como Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Margarita Ledo, así como cantantes comprometidos como Amancio Prada e Suso Bahamonde. Estes invitados achegaron unha perspectiva crítica e comprometida que marcou a diferenza no panorama das asociacións galegas no estranxeiro. Nos seus primeiros anos, "A Irmandade Galega na Suíza" mantívose grazas ás cotas dos socios, así como aos ingresos xerados polo bar, as festas, as tómbolas e eventos como ceas de Noitevella e celebracións puntuais como o Entroido. Ademais, contaron coa sorte de recibir unha subvención do Concello de Xenebra e o Departamento de Educación, o que contribuíu a manter as súas actividades. Co tempo, a organización comezou a crecer e diversificarse. Formouse un equipo de fútbol e un grupo de baile galego, ademais da organización de campionatos de tute e dominou. Estes eventos e actividades non só fortaleceron a cohesión da comunidade galega en Suíza, senón que tamén axudaron a proxectar unha imaxe máis rica e diversa da cultura galega.

Imaxes de emigrantes galegos en Suiza
Imaxes de emigrantes galegos en Suiza | Fonte: Irmandade Galega na Suíza

 

IMAXE DE ISAAC DÍAZ PARDO

 

"O emblema que utilizamos é unha ilustración inspirada nun debuxo orixinal de Isaac Díaz Pardo que simboliza a fraternidade e a Irmandade. Dado que a nosa sociedade íase a chamar "Irmandade", decidimos adoptar esta imaxe representativa de dúas mans entrelazadas. Carlos, quen é deseñador, traballou na composición desta imaxe, integrándose no logo de "A Irmandade Galega na Suíza". Simboliza a unión dos galegos en terras suízas e creo que perdurou como un recordatorio da determinación e a forza da diáspora galega no corazón de Europa", di.

 

Con todo, antes de utilizar a imaxe de Isaac Díaz Pardo, puxéronse en contacto con el para solicitar a súa autorización. Durante a conversación, explicáronlle que estaban a formar unha sociedade en Xenebra e que o seu debuxo emblemático sería a elección perfecta para representalos. Afortunadamente, Isaac Díaz Pardo outorgoulles a súa autorización para utilizar a súa obra.

 

O nome "Irmandade" foi elixido en referencia a unha sociedade previamente establecida en Arxentina, fundada en 1941 en Buenos Aires por un grupo de galeguistas. Este nome serve como homenaxe aos exiliados galegos que residían en Buenos Aires nesa época-

 

A vida levouna a Suíza cando tiña catro ou cinco anos, ao redor do ano 1960, xunto cos seus pais. Carlos Díaz viviría a mesma situación pero un ano máis tarde.  "Os nosos pais traballaron xuntos e, grazas a unha invitación para asistir a un evento das Letras Galegas, coñecémonos e unímonos a un grupo de mozos, que incluía a Carlos, Jacinto, Raúl e Ricardo", lembra.

 

Carlos e Alicia establecéronse en Suíza durante case 30 anos. En Xenebra naceron os seus fillos. En 1989, regresaron a Galicia, segundo Alicia,  foi unha decisión oportuna dado que os seus fillos eran pequenos. 

 

?"Carlos faleceu hai 16 anos a unha idade temperá pero dedicou toda a súa vida, do mesmo xeito que o sindicalista Jesús Gómez Antelo e Alfonso Gómez, o actual alcalde de Xenebra, ao servizo de Galicia, mesmo no estranxeiro, onde viviu integrado na sociedade suíza. Traballou para o Departamento de Instrución Pública do Estado de Xenebra e estivo moi involucrado na vida social, política e internacional de Xenebra, ademais de manter as súas conexións coas nosas raíces galegas e españolas. Esta dualidade enriquece as nosas vidas de maneira significativa".

 

Na actualidade, Alica Castro segue vivindo na Coruña onde continúa un gran labor social e reivindicativa. Desde alí, quixo trasladar os seus mellores desexos A Irmandade Galega na Suíza.

 

"Neste día tan especial, quero enviarlles os meus máis sinceras felicitacións por alcanzar este incrible fito de 50 anos de historia. É un logro notable que merece ser celebrado con alegría e orgullo. Espero que continúen o seu importante labor coa mesma paixón e dedicación nos vindieros anos. Que estes 50 anos de historia sexan só o comezo dunha nova e emocionante etapa chea de éxitos e logros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta