GC Aberto

Hai que retirar as cruces dos caídos de vigo, Neda e Dueñas

ESCRITO A ÁNGEL GABILONDO, “DEFENSOR DEL PUEBLO”, PARA QUE SE RETIREN AS CRUCES DOS CAÍDOS DE VIGO, NEDA (A CORUÑA) E DUEÑAS (PALENCIA) EN CUMPRIMENTO DA LEY DE MEMORIA DEMOCRÁTICA

Por admin | A Coruña | 20/01/2024

Comparte esta noticia

Manuel Monge, vítima franquista

Cruz franquista do Castro nunha cerimonia relixiosa
Cruz franquista do Castro nunha cerimonia relixiosa

O concello de Castellón (alcaldía do PSOE), despois de catro anos de contenciosos xudiciais, retiraba a cruz dos caídos do Parque Ribalta o 4 de xaneiro de 2023. En 1979, con alcaldía do PSOE, foi “resignificada” sustituíndo o texto “Caídos por Dios y por España. Presentes”, por “A las víctimas de la violencia”, mantendo a cruz, que é retirada agora en aplicación da Lei de Memoria Democrática (LMD).

A sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Elche de 15 de novembro de 2018 pronunciábase pola retirada da cruz dos caídos: “La cruz fue erigida en honor y memoria de los vecinos de Callosa de Segura [Alacante] pertenecientes a la facción que resultó vencedora en la guerra y, por ello, se le debe atribuir una significación marcadamente política, con una finalidad distinta de la estricta manifestación de la fe católica”. E a sentenza do Tribunal Supremo sobre esa cruz, coñecida en decembro de 2023, que crea xurisprudencia, sinalaba: “Supón exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión franquista”. “Estamos ante un símbolo relixioso -cruz- que contén elementos que impiden recoñecerlle un valor neutral como mero símbolo artístico ou artístico-relixioso. Pola contra, a súa presenza nun espazo público permite apreciar un acto de exaltación en canto contribúe a realzar o mérito daquela contenda civil coa inclusión da listaxe de falecidos dun só bando que, implicitamente, tamén conleva a reprobación do bando contrario na percepción social”.

O Presidente do Goberno Pedro Sánchez enviaba un escrito a miña familia no que lembraba: “La nueva Ley de Memoria Democrática ilegaliza todas las manifestaciones públicas de exaltación al franquismo, desde monumentos y placas hasta topónimos y nombres de vías públicas. Tanto administraciones como particulares serán objeto de sanción de no cumplir con esta normativa”.

No escrito agradezo a Ángel Gabilondo o seu compromiso coa memoria democrática e o apoio ás vítimas do franquismo.

Solicito ao “Defensor del Pueblo”:

“Que inste aos concellos de Vigo, Neda e Dueñas a que adopten as medidas necesarias, no prazo de tres meses, para a retirada das cruces dos caídos, en aplicación da Lei de Memoria Democrática.

Que inste a Pedro Sánchez, como secretario xeral do PSOE, a que adopte as medidas necesarias para a retirada de todas as cruces dos caídos en concellos con alcaldía do seu partido”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se consigues que o Tirano de Vigo dea o brazo a torcer serás un héroe da Res Pública ! Vai ser duro de pelar... https://flic.kr/p/rW5UC8