Tras estar un ano e medio en terapia e ter superado o seu problema, escribiu o libro 'Fuera de juego', co que pretende axudar ás persoas que estean pasando por unha adicción ao xogo tan forte como a que viviu ela: chegou a gañar e perder 14.000 euros na mesma tarde.
  comenta   0
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
Alexander Dubra, óptico-optometrista, advirte de que "estamos vendo cada vez máis estudantes miopes e, ademais, chegan a nós xa cunha miopía maior que antes", algo que se ve motivado tamén polo feito de forzar aos ollos a ver de preto durante todo o tempo, tamén nos momentos de ocio, cos móbiles e as 'tablets'.
  comenta   0
O psicólogo experto en dependencia e profesor da UVigo, Manuel Isorna, asegura que fumar un porro hoxe en día equivale a fumar cinco consecutivos nos anos 90. "Se fai 20 anos un porro tiña un 5 % de droga, hoxe en día, despois de modificar xeneticamente a planta, conta cun 25 % de THC", advirte.
  comenta   0
A investigadora do CiMUS Ana Isabel Rodríguez Pérez explica que están tratando de identificar biomarcadores no sangue para poder detectar o párkinson antes do que se fai agora: cando o 50 % das neuronas ou, nalgúns casos, ata o 80 %, xa están mortas.
  comenta   0
Fai catro anos moitos organismos e institucións puxeron en marcha teléfonos de atención durante a crise do covid, todos querían axudar, pero o certo é que "houbo un problema de organización e coordinación". Así o considera a psicóloga Lourdes Fernández Márquez, que pide que, de cara a emerxencias futuras, sexan "os colexios profesionais os que dean promoción, organización e coordinación a este tipo de servizos de axuda".
  comenta   0
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
Desde o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia reivindican a necesidade de revisións visuais periódicas como prevención. A súa presidenta, Esther Amaro, apunta a que o "80% da información que chega ao noso cerebro, faino a través dos ollos".
  comenta   0
José Manuel Jerez Aragonés, experto en minaría de datos participante no VI Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión celebrado en Vigo asegura que "o cambio está a ser tan rápido que plantexa profundos dilemas éticos". Dende Galicia Confidencial falamos con el para profundar nestes dilemas.
  comenta   0
O director xeral de Alborada Vigo asegura que en Galicia, polo momento, non hai incidencia desta droga que causou máis de 100.000 mortes nos Estados Unidos, e asegura que aquí "o fentanilo e a adicción ao mesmo sempre foi moi vinculado ao tema da dor". Con todo, pide estar alerta, pois o que sucede nos Estados Unidos "é algo que pode chegar aquí en calquera momento".
  comenta   0
O radón, un gas radioactivo natural con importante presenza en Galicia que se produce cando metais como o uranio ou o radio descompóñense nas rochas e o chan, é unha causa coñecida de cancro de pulmón e agora unha nova investigación realizada por científicos estadounidenses descubriu que a exposición a niveis elevados deste contaminante do aire en interiores asóciase cun maior risco de sufrir outra enfermidade en mulleres de mediana idade ou maiores que sofren ictus isquémico.
  comenta   0
Calcúlase que os trastornos mentais afectan a unha de cada catro persoas, polo que "son algo frecuente, pero afortunadamente tamén tratable", asegura a xefa do Servizo de Saúde Mental do Sergas, que anima a todas esas persoas que teñen problemas mentais ou impulsos suicidas a poñerse en contacto cos profesionais nos teléfonos 061 ou 024, onde recibirán unha axuda rápida.
  comenta   0
Un Monster de 500 mililitros ten uns 180 gramos de cafeína; un Red Bull, de 250 mililitros, ten 80; un café de tamaño medio, duns 240 mililitros, ten 135. Pódese chegar a sentir o mesmo efecto estimulante cun café? Si, pero "o problema é que estamos a falar de que ese consumo coas bebidas enerxéticas estase a realizar nun período moi curto de tempo". Así nolo contan os nutricionistas Santiago Groba e Susana Rodríguez.
  comenta   0
Youtube, WhatsApp, Telegram TikTok, Instagram... Cada vez máis persoas reproducen os vídeos e pódcast das plataformas a velocidades máis rápidas das que foron producidos. Un fenómeno que, segundo os expertos, pode ter moitas consecuencias no cerebro e nas conductas dos máis novos.
  comenta   1
A intelixencia artificial na medicina está demostrado que ten unha baixa porcentaxe de erro, aínda que teña que ser supervisado o resultado por parte dun profesional médico, por iso, a investigadora do CiTIUS María José Carreira Nouche afirma que "con dispositivos de intelixencia artificial os pacientes crónicos, se aprendesen a usalos, poderían mellorar a súa saúde", para que os médicos "puidesen atender con máis tempo de calidade aos pacientes con patoloxías máis complexas".
  comenta   0
"Non somos quen de explicarlles aos rapaces que ata os 25 anos non poden tocar todo iso (porros, alcol, tabaco...), pois aínda que a partir de aí tampouco deberían, o dano que se van facer é moitísimo menor", advirte Manuel Isorna, experto en drogodependencia e profesor na UVigo. Só na cidade de Nova York aténdense en urxencias máis de 6.000 casos ao ano por consumo de cannabinoides sintéticos e antes da pandemia, o consumo de cánnabis estaba entre as urxencias máis atendidas, chegando ao nivel da cocaína.
  comenta   1
'Sensoxenoma', un estudo do IDIS en colaboración coa USC revela que ante o estímulo da música os xenes de pacientes con enfermidades neurodexenerativas se sobreexpresan, e fano no sentido contrario ao da enfermidade, o que supón unha especie de efecto compensatorio.
  comenta   0
Se nos comparamos co resto de Europa pode haber sorpresas.
  comenta   0
Expertos de Vithas Vigo alertan dos "efectos a longo prazo" que produce o alcol no cerebro dos mozos.
  comenta   0
CSIC e Biofabri anunciaron a investigación sobre esta vacina continuaría "para adaptar o seu modelo vacunal ás novas variantes".
  comenta   0
Estas son 10 claves para comprender esta somnolencia e tratar de evitala.
  comenta   0
«Eu não sei o que é que os outros pensarão lendo isto; / Mas acho que isto deve estar bem porque o penso sem esforço» (Fernando Pessoa –Alberto Caeiro– A espantosa realidade das coisas)
  comenta   0
A taxa de abandono do tabaco é lixeiramente maior entre os varóns, tamén. A epidemia do tabaquismo causou máis de 1,7 millóns de mortos no Estado en tres décadas.
  comenta   0
Un estudo galego da xinecóloga Cristina González achaca a tardanza en recoñecer científicamente as alteracións á falta de visibilidade do ciclo menstrual
  comenta   0
Especialistas tentan desmitificar as falsas crenzas que existen ao redor da dor crónica. Nin é un factor só psicolóxico, nin afecta máis as mulleres.
  comenta   0
O proceso de aprendizaxe en idades temperás é totalmente natural, case pasivo e inconsciente. Este luns, 26 de setembro, celébrase o Día Europeo das Linguas.
  comenta   0
É factíbel equiparar o principio de pracer e o principio de realidade freudianos con dous dos conceptos filosóficos que desenvolve Nietzsche en «O nacemento da traxedia» (1872): o apolíneo e o dionisíaco, que tamén se presentan asociados aínda sendo contrapostos.
  comenta   0
Con motivo do 'XXVII Día Nacional da Esclerose Múltiple', a asociación coruñesa ACEM volve reclamar o recoñecemento automático do 33% de discapacidade cando se diagnostique a enfermidade.
  comenta   0
Investigadores do CiMUS conseguiron baixar o peso de ratos cun novidoso tratamento sen cambiar a súa dieta. O achado baséase nunhas partículas que viaxan ao cerebro cargadas dun fármaco e inhiben a acción dunha proteína chave.
  comenta   0
Realizaron un estudo con resultados positivos ao aplicar estimulación cognitiva individual de longa duración en pacientes con deterioración cognitiva leve.
  comenta   0
Trátase dun traballo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago e do Instituto de Investigación Sanitaria compostelán.
  comenta   0
Quería ver como a auga caía en tromba polo costado do val, acompañada dun vento forte que o limpara todo.(Lars Miytting, As dezaseis árbores do Somme).
  comenta   0
Psicólogos confirman esta saturación da especialidade tanto na pública como a privada e esixen recursos. As limitacións polo covid alteran os patróns do soño e da alimentación e afectan á esfera cognitiva e a concentración.
  comenta   0
Hai poucos días, a Comisión Europea consensuou co Parlamento Europeo un programa de axudas fronte aos efectos económicos da Covid-19. 1,824 B€, algo máis da metade en axudas directas e o resto en préstamos. Galicia, no contexto da UE, anda a rentes dun 0,6% da súa poboación. Velaí que haberíamos recibir entre 7,5 e 9 milleiros de M€.
  comenta   0
Desde a Asistencia Sanitaria, consideran clave "baixar a mínimos" as negativas das familias. Case 300 persoas están en lista de espera e o maior grupo é o de persoas que necesitan un ril.
  comenta   0